Inicio lugo O PP de Burela critica a Llano polo abandono da área recreativa...

O PP de Burela critica a Llano polo abandono da área recreativa do Monte Castelo e denuncia que os servicios só se abriron este verán para a romaría

Burela, 26 de agosto de 2022. Cando os gobernos son incapaces de atender a xestión do día a día, de conservar o que xa está feito, os administrados ven con claridade que chegou o momento do relevo. En Burela resulta evidente a incapacidade do goberno socialista presidido por Alfredo Llano para devolver este concello ao lugar punteiro que lle corresponde en A Mariña. As mostras de que é así son numerosas e evidentes. Unha moi significativa, segundo indica o portavoz popular, Manuel Rouco, é a desatención á que o goberno municipal ten sometida á área recreativa do Monte Castelo.

Rouco sinala: “O goberno local, socialista, sigue a incumprir os compromisos máis básicos coa nosa vila, de maneira que dá unha imaxe lamentable tanto para  a veciñanza como para os visitantes”. Destaca que, entre outros moitos, incumpre “o seu  compromiso, recollido por escrito, coa área recreativa do Monte Castelo”.

O portavoz popular di que o alcalde, Alfredo Llano, ten tan pouco interese nesta área que “practicamente en todo este mandato só subiu para facerse a foto no telescopio colocado no miradoiro do Monte Castelo e para ser visto na romaría do mesmo monte polos veciños”. O desinterese do alcalde queda claro “na imposibilidade de usar os servicios alí instalados, porque o goberno municipal presidido por Llano decidiu telos pechados ao longo deste verán e só os abriu en exclusiva para o romaría do Monte Castelo, tal e como puidemos comprobar no PP á vista das numerosas denuncias veciñais”.

Manuel Rouco lembra que “o convenio asinado coa comunidade de montes leva aparellada unha dotación de arredor de 25.000 euros para o mantemento da área recreativa, cantidade que non foi empregada nos últimos anos polo Concello, tal como recoñeceron dende a alcaldía”. Engade: “Eses fondos foron utilizados para outros fins aos que non estaban inicialmente destinados”.

Leer más:  Interceptado en la A-6 un conductor que sextuplicaba la tasa máxima de alcohol permitida

Os populares non entenden “por que o goberno do señor Llano fai todo o posible por desactivar un dos atractivos da nosa vila; non entendemos esa teima en desprezar a área recreativa do Monte Castelo, facendo o que xa nos ten acostumado, é dicir, absolutamente nada para o seu mantemento”. O portavoz popular pregúntase “se, a estas alturas, alguén pode  crer que o goberno socialista de  Burela, que non é capaz de manter, xa non dicimos poñer en valor, simplemente de manter, esta área recreativa vai ser capaz de reflotar a nosa vila e poñela no lugar punteiro de A Mariña que nunca debeu de abandonar? Ata cando, pregúntase Rouco, imos padecer esta inoperancia socialista na nosa vila? “Cremos -di o portavoz municipal do PP- que a veciñanza de Burela merece moito máis do que pode ofrecer o goberno local formado polo señor Llano e os seus concelleiros e concelleiras”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Viveiro faise eco das estendidas queixas veciñais pola ausencia de orquestras no programa das pasadas festas e pide explicacións a María Loureiro
Artículo siguienteO PP, á vista das graves carencias da rede de sumidoiros, propón redactar un plan para o saneamento integral de Viveiro, a executar en varias anualidades
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.