Inicio lugo O PP, á vista das graves carencias da rede de sumidoiros, propón...

O PP, á vista das graves carencias da rede de sumidoiros, propón redactar un plan para o saneamento integral de Viveiro, a executar en varias anualidades

Viveiro, 26 de agosto de 2022. A rede de saneamento de Viveiro é unha obra inacabada e non se debe ao crecemento urbanístico da cidade, paralizado debido a incapacidade do goberno local para aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal. O saneamento está sen acabar e por iso hai moitas casas de Viveiro que verten directamente as augas residuais ao mar. Así o pon de manifesto o portavoz popular, Óscar Rodríguez, á vista das queixas veciñais que recibe, por tal motivo, o PP, e das comprobacións feitas persoalmente. Rodríguez anuncia a presentación dunha moción, para o seu debate no próximo pleno, co fin de aprobar a redacción dun plan para o saneamento integral de Viveiro, a executar en varias anualidades.

Rodríguez alégrase de que, por fin, tras as queixas dos veciños e a presión exercida polo grupo municipal do PP, o goberno local, decida, segundo anuncia a alcaldesa, estender a rede de sumidoiros ás casas de As Aceas que actualmente verten directamente á ría. Sinala: “O das Aceas é só a punta do iceberg dos déficits inmensos do saneamento de Viveiro; é unha verdadeira vergoña que, a estas alturas, teñamos que denunciar vertidos directos ao mar de augas residuais domésticas porque nas zonas nas que están non hai colectores, non hai rede de sumidoiros”. Engade: “Por iso imos defender na próximo pleno a elaboración dun plan para o saneamento integral de Viveiro, a executar en varias anualidades. O que está claro é que isto non pode seguir así, debido a incapacidade de xestión, especialmente en materia de infraestruturas, da alcaldesa Loureiro e do seu equipo”.

O portavoz popular explica: “Puxemos de manifesto a inexistencia da rede de sumidoiros en As Aceas. Pero hai moitos máis casos, por exemplo en A Veiga, na parroquia de Magazos. O malo é que as carencias nun servizo tan básico e necesario como é o saneamento son moitas máis”.

Leer más:  La contaminación de los suelos gallegos causada por el uso de antibióticos en el ganado preocupa a la comunidad científica

Como exemplo de cal é a situación en materia de saneamento, o popular Óscar Rodríguez di que no peirao de Viveiro prodúcense cada certo tempo vertidos de augas residuais.

Rodríguez sinala: “O aprecio que ten o goberno presidido pola socialista María Loureiro con respecto á conservación do medio ambiente queda patente nas carencias da rede de sumidoiros da cidade. Falan moito de medio ambiente, pero quédanse nas palabras. Esperemos que apoien a moción que imos presentar para redactar un plan para o saneamento integral de Viveiro”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Burela critica a Llano polo abandono da área recreativa do Monte Castelo e denuncia que os servicios só se abriron este verán para a romaría
Artículo siguienteUn segundo estudo ratifica o baixo número de mexilóns atopados na zona da plataforma de baño pública proposta polo Concello
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.