Inicio lugo O Concello lamenta que o PP critique o Impulso Verde, un modelo...

O Concello lamenta que o PP critique o Impulso Verde, un modelo construtivo polo que a Xunta aposta agora tras ver o exemplo lucense

O Concello de Lugo, ante a nota do grupo municipal de Lugo sobre o Impulso Verde, quere aclarar os seguintes puntos:

O edificio, como se informou desde un primeiro momento, terá usos administrativos, expositivos e acollerá un coworking de empresas vinculadas coa sostibilidade. É dicir, ten usos claros e definidos, como debería saber o PP, xa que se lles explicou en todas as comisión onde preguntaron, polo que, minten de maneira reiterada, faltándole ao respecto a cidadanía de Lugo.

Desde o Concello lamentan que o PP considere despilfarro a unha estratexia de sostibilidade que o Goberno local desenvolve da man do Campus Terra para impulsar edificacións máis sostibles utilizando os recursos naturais de Galicia e impulsar o sector forestal, clave en Lugo.

É unha mágoa que o PP estea instalado na crítica pola crítica, cando a Xunta de Galicia acaba de anunciar (despois de que Lugo lanzase esta estratexia e de que se convertise nun referente a nivel galego, estatal e europeo coa execución do primeiro edificio público en madeira 100% de todo o país)  axudas para impulsar o uso da madeira no ámbito da construción, incluso nas promocións públicas do propio Goberno galego.O Goberno local lamenta, igualmente, que o PP de Lugo sexa a única organización que non solicitase coñecer o edificio, cando está recibindo visitas de estudantes e de profesionais de toda Europa.

Leer más:  Protestas en Mallorca tras la tala de 200 pinos históricos por construcción del Four Seasons en Pollensa

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP acusa a Cajoto de desaproveitar “o que debeu ser o verán da recuperación para Foz, e foi o da mala imaxe e o caos; o das obras inacabables e a improvisación”
Artículo siguienteCastiñeira: “No PP instamos á Deputación a deixar de facer uso da marcha atrás en Portomarín e sacar para adiante a residencia, o club náutico e a mellora das estradas”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.