Inicio lugo O xuíz Calatayud ofrecerá unha conferencia organizada pola comisión de Educación do...

O xuíz Calatayud ofrecerá unha conferencia organizada pola comisión de Educación do PP lucense dentro do ciclo #EspazoAbertoPopular

Lugo, 17 de outubro de 2022. A comisión de Educación do PP lucense que coordina Sagrario Sánchez organiza unha nova conferencia dentro do ciclo #EspazoAbertoPopular. Nesta ocasión, o convidado será o maxistrado D. Emilio Calatayud, xuíz de menores de Granada, coautor de varios libros e conferenciante recoñecido con varios premios e distincións que ofrecerá unha conferencia telemática dende Granada sobre ‘Educación: familia e sociedade’ o xoves 20 de outubro a partir das 18:30 horas que se poderá seguir dende a sede do PP provincial e tamén será retransmitida a través da canle de YouTube do Partido Popular da provincia de Lugo.

A conferencia será presentada por Sagrario Sánchez e contará coa intervención do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez. Trala quenda de preguntas aberta para o público que asista de forma presencial á sede provincial, será a presidenta provincial, Elena Candia, a encargada de pechar o acto.

Defensor de considerar aos pais e mestres ou profesores como autoridades; o xuíz Calatayud é coñecido por ditar sentencias baseadas na educación e o traballo social en lugar da privación da liberdade. A coordinadora da comisión de Educación do PP lucense sinala que “con esta conferencia poderemos coñecer a opinión de Don Emilio sobre distintos aspectos relacionados coa familia e a educación. Entre outras cuestións, o xuíz Calatayud cre que se debe ter en conta aos xuíces de menores á hora de elaborar as leis de Educación”.

A tradicional pulpada, o sábado 29

As actividades do PP lucense continuarán nos vindeiros días nos que recupera unha das súas xuntanzas máis tradicionais: a pulpada de outono. Este ano será o sábado 29 a partir das 13:30 horas na finca A Fortaleza de Torre de Núñez.

Leer más:  Alerta sanitaria en Lugo por la venta de almendras cancerígenas de Estados Unidos

As persoas interesadas en asistir ao xantar poden retirar as súas tarxetas na sede provincial do Partido Popular por un prezo de 30 euros. Haberá tamén menú infantil.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP faise eco das queixas veciñais e reclama a reparación do camiño da Veiga de Pardiñas e un plan plurianual de mellora das vías municipais
Artículo siguienteEl TSXG confirma que el Sergas debe pagar 122.000 euros por una mala prescripción a un paciente que derivó en ictus
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.