Inicio lugo Os populares de A Pastoriza reclaman a Primitivo Iglesias que cumpra o...

Os populares de A Pastoriza reclaman a Primitivo Iglesias que cumpra o réxime fixado para os plenos ordinarios e que os convoque os terceiros xoves dos meses impares

A Pastoriza, 13 de outubro de 2022. O goberno local de A Pastoriza fai unha interpretación máis que relativa da obriga do cumprimento das decisións que adopta o pleno da corporación municipal. É así xa dende as primeiras decisións tomadas polo pleno; unha delas é a determinación do réxime de sesións plenarias, que incumpre con frecuencia, segundo denuncian os populares.

O incumprimento na convocatoria das sesións plenarias en función do réxime establecido ao principio do mandato é unha maneira de perturbar o traballo da oposición. Os populares ven como algunhas das súas propostas son executadas, postas en vías de execución ou anunciada a intención de executalas unha vez rexistradas e antes da celebración da correspondente sesión plenaria. Para o PP, esta maneira de proceder é un xeito infame de entender o xogo político.

O Partido Popular de A Pastoriza insta ao goberno local, presidido polo socialista Primitivo Iglesias, a convocar as sesións plenarias ordinarias da corporación conforme ao acordado ao inicio do mandato, é dicir, os terceiros xoves dos meses impares.

Camiño a reparar Por outro lado, o PP de A Pastoriza defenderá unha iniciativa na próxima sesión plenaria para que o Concello repare un camiño de Reigosa. Indican que esta vía atópase en mal estado e, cando chove, a auga arrastra a grava, que acaba na estrada xeral e tupe os sumidoiros.

Leer más:  Un hombre de 55 años fallece en un accidente entre un coche y un camión en Pantón (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión meteorológica para Lugo
Artículo siguienteEmpresarios de Lugo pedirán al Papa que interceda contra el veto europeo a la pesca de fondo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.