Inicio lugo O PP de Viveiro reclama a Loureiro a limpeza e pintado das...

O PP de Viveiro reclama a Loureiro a limpeza e pintado das pérgolas e o muro do Paseo de Covas

Viveiro, 11 de outubro de 2022. A imaxe das cidades é a impresión que, de maneira xeralizada, teñen delas os seus veciños e os que as visitan. Ordenación urbanística, aseo urbano, xardíns en boas condicións e seguridade son aspectos fundamentais para  a creación dunha imaxe positiva das cidades. Todas as zonas son importantes, pero hai algunhas que actúan como verdadeiros escaparates urbanos. No caso de Viveiro, un deses escaparates é o Paseo de Covas, e, como sinala o portavoz popular, Óscar Rodríguez, o goberno local presidido pola socialista María Loureiro, consigue que a imaxe que levan os visitantes sexa máis ben pobre, debido, entre outras causas, a sucidade e falta de pintura tanto nas pérgolas como no muro que delimita o paseo e a praia. Os populares reclaman do goberno local que adopte as medidas necesarias para corrixir tales déficits.

Óscar Rodríguez sinala: “No Paseo de Covas hai cinco pérgolas. O Concello só limpou e pintou unha hai xa algún tempo, pero nas outras non fixo nada. É unha pena que teña as pérgolas e o muro do paseo no estado en que se atopan, cheos de sucidade e sen pintar”.

Os populares din que, dado o tempo transcorrido do actual mandato, se o goberno local avanza ao mesmo ritmo na mellora das pérgolas, necesitará uns seis anos para completar un traballo que debería estar feito dende hai moitos meses.

Rodríguez explica: “O Paseo de Covas e un dos grandes escaparates de Viveiro. Por iso non entendemos por que o goberno local non fai algo para melloralo, porque o certo é que sufre un deterioro acelerado”.

Os populares reclaman á socialista María Loureiro, unha vez máis, que saia da súa zona de confort e traballe por Viveiro, e, neste caso concreto, adopte as medidas necesarias para limpar e pintar as pérgolas e o muro do Paseo de Covas. Rodríguez di: “A alcaldesa quizá non fai nada por mellorar o paseo porque no ve rendibilidade electoral neste traballo, pero, sexa como sexa, é algo que hai que facer canto antes, porque senón chegará o próximo verán e todo estará igual, non, peor, que está agora”.

Leer más:  El próximo sábado el alcalde recién elegido de A Estrada (Pontevedra) asumirá su puesto y el miércoles lo hará el alcalde de Guntín (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLas cofradías advierten de un posible encarecimiento del pescado tras el veto a la pesca de fondo
Artículo siguienteO PP de Vilalba condena “a desidia e neglixencia” da alcaldesa porque “pode poñer en risco o valor patrimonial e a propia supervivencia do MUPAV”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.