Inicio lugo O PPdeG esixe ao Goberno central transparencia e claridade sobre as causas...

O PPdeG esixe ao Goberno central transparencia e claridade sobre as causas do colapso do viaduto da A-6

Lugo, 2 de outubro de 2022. O Partido Popular de Galicia reuniuse recentemente con representantes de dúas asociacións de transportistas, Aetram e Tradime, que lle trasladaron as súas preocupacións en relación ao corte da A-6 e o desvío provisional ata a antiga N-VI.

Tres meses despois da caída do viaduto, seguen sen as explicacións oportunas sobre as causas de derrube, e desde o Goberno central, non son capaces de aclarar a día de hoxe “o que pasou con ese derrubamento. “Non sabemos se a ponte que está agora mesmo como desvío provisional é segura ou viable pasar por ela”, explica Antonio Ameijide, coordinador de Infraestruturas do PPdeG.

Para os populares, a reunión cos transportistas e a falta de transparencia do Goberno central leva a dous preguntas. A primeira por que, se a ponte é segura, non se permite o tráfico sobre ela, como se facía durante as obras de mantemento meses atrás. A segunda, en canto as obras de desvío, a queixa é totalmente unánime, a pendente da mesma é excesiva para o tráfico dos camións. Ademais, agora mesmo as condicións son óptimas desde o punto de vista climatolóxico e aínda así a súa subida é moi complicada.

“O maior problema é que o desvío que se construíu está xerando un importante problema para os camións. Unha pendente de máis do 15% que no caso de que teñan que deterse os vehículos é imposible que poidan retomar a marcha, e cando cheguen os problemas meteorolóxicos, as nevadas, as xeadas, a choiva do inverno, vai a haber importantes e graves neste punto”, di Antonio Ameijide.

Por outra banda, a raíz dos problemas expostos, moitos camioneiros e empresas de transporte que coñecen a zona, ordenan aos seus condutores que saian do desvío anterior da A-6, para non ter que coller o novo desvío construído polo Goberno, evitando así a pendente, e percorrendo case 9 km pola antiga N-VI e pasando polo núcleo de Pedrafita.

Leer más:  La titularidad de la única casa de Barcela, con 300 hectáreas de monte vecinal, crea controversia en Negueira (Lugo)

Outra das queixas que máis se repiten é a falta de mantemento no pavimento da autovía A-6, o que provoca a incomodidade na marcha de camións e todo tipo de vehículos, e tamén está a xerar un evidente risco na seguridade vial.

Ademais o malestar dos transportistas agravouse estes días co anuncio do ministerio de que en caso de risco de neve o condicións desfavorables, desviarán o tráfico dos vehículos pesados dende a A-6 á N-120 facéndolles recorrer por esta última 143km, o que supón 55km máis, máis tempo de recorrido e moito máis risco para transportistas e o resto de condutores. Ameijide tacha de inadmisible esta opción do goberno socialista tras escoitar as queixas dos representantes do sector do transporte.

“Por iso, desde o PP urximos unha solución ao Ministerio de Transportes, porque non podemos seguir así durante os anos que vai durar a construción do viaduto”, explica Antonio Ameijide.

Batería de preguntas

Os senadores do PP por Lugo trasladaron no mes de xuño ao Goberno central, por medio de preguntas orais e escritas, a preocupación polo colapso do viaduto.

A senadora do PP por Lugo, Rosa Arza, traslada agora a súa preocupación pola resposta do Goberno central: “Desde o PP por Lugo trasladamos ao principio do verán diversas preguntas escritas e orais ao goberno para coñecer as causas e as medidas que se tiñan pensado tomar ao respecto”.

A resposta do goberno foi a remisión a unha comparecencia da ministra de Transportes realizada o 21 de xuño e négase a compartir ningunha información ao respecto nin ante o Senado nin ante a Xunta de Galicia. Nesta sesión de control ao Goberno, a ministra argumentou que había que deixar traballar aos especialistas nos primeiros días, pois aínda non puideran trasladarse ás proximidades do derrubamento. Naquel momento, a ministra insistía que o Goberno ía actuar o máis axiña posible para repoñer a situación canto antes e ofrecer alternativas de mobilidade a unha infraestrutura que é tan necesaria para Galicia.

Leer más:  La Fiscalía pide la absolución de un joven de Vilalba (Lugo) que enfrenta cargos por agredir sexualmente a su ex pareja, quien era menor de edad

Por outra banda, o Goberno tampouco explicou nin os avances na investigación nin as solucións postas en marcha tanto para efectuar as reparacións como para aliviar o tráfico da zona, como o novo desvío da A-6, concretamente no punto quilométrico 431 a través dun dos túneles de Pedrafita, e que foi posto en marcha no mes de setembro.

Por todo o exposto, o PP de Lugo volve insistir cunha nova serie de preguntas ao Goberno central con respecto a este tema:

– Coñece xa o Goberno as causas da derruba do viaduto de O Castro?

– Que actuacións de investigación están a realizarse ou se realizaron para determinar as causas do derrubamento do viaduto?

– Por que o Goberno non comparte información nin se reúne coa Xunta de Galicia para intercambiar datos acerca dunha vía de acceso á Comunidade tan relevante para Galicia e para Lugo?

– Vai abrir o Goberno no primeiro semestre de 2023 o viaduto paralelo ao do Castro?

– Que actuacións están a levarse a cabo para reparar o viaduto do Castro?


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión meteorológica para Lugo
Artículo siguienteElena Candia, aos mozos e mozas da provincia: “Queremos escoitarvos e unirvos ao noso proxecto”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.