Inicio lugo Elena Candia, aos mozos e mozas da provincia: “Queremos escoitarvos e unirvos...

Elena Candia, aos mozos e mozas da provincia: “Queremos escoitarvos e unirvos ao noso proxecto”

Portomarín, 2 de outubro de 2022. A presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, dirixiuse aos mozos e mozas durante a clausura do encontro ‘Xuventude no Camiño’ celebrado este domingo en Portomarín para lembrarlles que “o Partido Popular da provincia ten as portas abertas para todos e todas aquelas que queiran coñecer o noso traballo e, por suposto, achegar as súas propostas para enriquecer o noso partido. Queremos escoitarvos e unirvos ao noso proxecto”. Candia lembrou que “Portomarín conta co alcalde máis novo da provincia” poñendo en valor o seu traballo á fronte do goberno. Pablo Rivas, que tamén preside o PP local, foi o encargado de dar a benvida a este acto sectorial.

A dirixente popular sinalou tamén que “os mozos e mozas representan ao futuro da nosa provincia e, polo tanto, constitúen unha parte fundamental do proxecto do Partido Popular que está a sumar novos afiliados, tamén de menos de 30 anos, que están demostrando que hai xente moza con ganas de facer cousas e emprender proxectos vinculados ao noso territorio”.

Candia destacou, así mesmo, “a importancia do Camiño de Santiago para a provincia ao reunir valores sociais, culturais, medioambientais e económicos que comparte tamén o noso proxecto. O Camiño é unha fonte de oportunidades para os mozos e mozas como puidemos coñecer hoxe aquí en Portomarín”. Nese sentido, trasladou o seu agradecemento a Javier Pitillas -impulsor da asociación Discamino- e Izan Castro -un dos integrantes- xunto a Yelco Zarza, xerente da scape room ‘Aventura no Camiño’, por compartir as súas experiencias nesta xornada e permitirnos “seguir aprendendo” e “construíndo entre todos unha sociedade mellor”.

Exemplos de esforzo, traballo e superación

O acto sectorial organizado pola Comisión de Xuventude do PP da provincia contou con numerosos asistentes mozos que participaron tamén previamente nun pequeno percorrido a pé pola contorna do Camiño de Santiago dende a estrela dos desexos ata o Parador ‘Pousada’ onde se desenvolveron as conferencias de Javier Pitillas, presidente de Discamino, e Yelco Zarza, de ‘Aventura no Camiño’, antes da intervención de Cristina Pichel.

Leer más:  ¿Cuándo es el útimo día de clases en Lugo? El calendario que necesitas

A vicesecretaria de Xuventude do PP de Lugo, Patricia Teijeiro, sinalou durante a súa presentación que os obxectivos da Comisión son “poñer en valor e visibilizar os grandes proxectos da nosa mocidade, neste caso, vencellados ao Camiño de Santiago. Neste ano Xacobeo, cremos que é unha boa forma de homenaxealo amosando a súa condición de dinamismo e perpetuidade na man das xeracións máis novas. Con elas queremos estar, ao seu carón, apoiándoos nas súas magníficas iniciativas que son un gran exemplo de traballo, esforzo e superación para outros mozos e mozas. O noso é un partido aberto onde queremos que todos e todas se sintan acollidos e atopen impulso para progresar e lograr as metas que se propoñan”.

O acto rematou cuns petiscos e animación musical.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PPdeG esixe ao Goberno central transparencia e claridade sobre as causas do colapso do viaduto da A-6
Artículo siguienteO PP de Viveiro insta a Loureiro a tomar decisións sobre o antigo mercado gandeiro, hoxe convertido nun almacén de contedores, para que sexa útil aos veciños
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.