Inicio lugo CUMPRIMENTO DO COMPROMISO ADQUIRIDO POLA XUNTA DE GALICIA EN LUGO PARA FINALIZAR...

CUMPRIMENTO DO COMPROMISO ADQUIRIDO POLA XUNTA DE GALICIA EN LUGO PARA FINALIZAR O PLAN PARADAI

No ano 1999 fírmase entre a Consellería de Política Territorial, a Deputación Provincial e o Concello de Lugo o convenio urbanístico do Plan Paradai para, entre outras cousas, unir o Lugo separado pola vía do tren e humanizar o entorno da estación con novos viais e estacionamentos.

No mes de febreiro de 2009 o Consello da Xunta autoriza o convenio entre a CPTOPT e o Concello de Lugo para levar a cabo a última fase do Plan Paradai, o que suporía un investimento total de 15 millóns.

23 anos despois, poucos plans urbanísticos existen que leven tanto tempo iniciados sen proxectos definidos que o conclúan. Coa gravidade de que esta é, ademais, unha ordenación imprescindible que Lugo necesita con urxencia para impulsar o seu crecemento nun momento
de tanta complexidade e incertidume económica e social.

En febreiro de 2015, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, supervisaba as obras que, nese momento, se acometían na Ponte de Paradai. Traballos que, por certo, tiveron que ser paralizados xa que se estaban a executar sen a debida autorización da CHMS.

Un inicio un tanto errático para unha actuación que resultaba transcendental na capital e que se correspondía coa Fase I da iniciativa coa que se pretendía unir a glorieta da ponte coa de Serra de Meira. Ese día, a propia conselleira afirmou que a Xunta de Galicia continuaría coa súa aposta polo Plan Paradai e que varios proxectos das fases pendentes se estaban xa elaborando.

Mostra, segundo ela mesma referiu literalmente, “do compromiso real e efectivo do Goberno galego coa cidadanía de Lugo e cunha das infraestruturas viarias – que xa recoñecía – máis significativas e importantes para a dinamización da cidade”.

Dende ese momento e ata hoxe ese compromiso real e efectivo da Xunta co Plan Paradai quedou circunscrito á inclusión nos orzamentos autonómicos dunha partida anual que ronda o medio millón de euros e que ano, tras ano, se vén repetindo porque nunca se chega a executar. De feito, os únicos pasos dados até a data para desbloquear a situación de ancoraxe que sofre este Plan, foron os realizados por este Concello da man da Confederación Hidrográfica e do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

Leer más:  Tres personas resultaron heridas tras un incendio en una pastelería en Riotorto (Lugo)

Así, coa Confederación Hidrográfica, coa sinatura – en maio de 2021 – dun convenio que abordará a execución dos estudos, proxectos e obras que permitan reducir o risco de inundación durante as crecidas do río Rato na contorna da rúa Serra de Meira, e no que tamén quedou establecido o réxime posterior de entrega das obras para o seu mantemento e conservación. Un acordo que implica un investimento conxunto de 650.000 euros e no que ámbolos dous organismos levamos traballando durante o último exercicio.

Por outra banda, o Concello será, conxuntamente con ADIF, a que financie na súa integridade a urbanización da nova estación Intermodal e paso que une Paradai e o barrio da Estación co Sagrado Corazón, ante a negativa da Xunta a cofinanciar estas obras.

A esta situación súmase a sorpresa este mes de agosto cando unha representante do Partido Popular anunciou nunha entrevista que se ía a desistir do compromiso da Xunta de Galicia co barrio de Paradai cun único argumento: “Con el non obtiñan réditos políticos”, e iso a pesar de que foi un compromiso ratificado persoalmente polo propio ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Unha marcha atrás que, se ben, xa clarifica os verdadeiros motivos polos que nunca chegou a investirse a consignación reservada nos orzamentos autonómicos ao efecto, a este Goberno local preocupa profundamente ante o gravísimo prexuízo que esa decisión tería non só para a veciñanza da zona senón tamén para todo o municipio.

Non podemos esquecer que o Plan Paradai é, sen dúbida, unha ferramenta estratéxica para a nosa urbe, no que ten que ver coa reordenación e dinamización dos tráficos do norte de Lugo que suporá unha mellora cualitativa na conexión entre o barrio das Gándaras e do Sagrado

Leer más:  Cómo detectar si tienes croquetas congeladas con trozos de plástico en tu nevera de Lugo

Corazón co resto da cidade e fará máis fácil, como é o noso obxectivo, a vida da veciñanza da contorna que sofre, dende hai moitos anos, o efecto barreira que provoca a vía do ferrocarril, sen perder de vista tampouco as repercusións tan positivas que a finalización do Plan tería, en xeral, sobre a seguridade da poboación ao tempo que posibilitaría atallar a situación de deterioro que sofren varias vías da contorna e que son de titularidade autonómica, entre elas o enlace coa N-640.

Por todo o devandito, o Grupo Municipal Socialista subscribe e considera de interese municipal que o Pleno da Corporación ACORDE:

Instar á Xunta de Galicia a clarificar de maneira clara e pública, con orzamentos e proxectos definidos incluídos nos orzamentos do Goberno galego este ano, o seu compromiso adquirido cos e coas lucenses para finalizar o Plan Paradai.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorACTUACIÓNS DAS ADMINISTRACIÓNS CONTRA ASUBMISIÓN QUÍMICA QUE ATENTA CONTRA AS MULLERES
Artículo siguienteEducación indaga sobre el olvido de un niño en un autobús escolar en Lugo y depurará responsabilidades si las hay
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.