Inicio lugo Lara Méndez, sobre o próximo encontro co presidente da Xunta de Galicia.

Lara Méndez, sobre o próximo encontro co presidente da Xunta de Galicia.

A preguntas realizadas polos medios de comunicación sobre a polémica xurdida ao respecto das formas nas que as alcaldesas e alcaldes das principais cidades galegas foron convocados polo presidente da Xunta a cadansúa reunión, a mandataria lucense incidiu en que esta é primeira vez que non se consensúan as datas deste encontro e que se impón de maneira unilateral dende o Executivo autonómico, e amosou a súa máxima disposición a respectala – para o que tivo que modificar a axenda institucional do Concello – co obxectivo de seguir tendendo pontes entrámbalas dúas Administracións e poder abordar así as principais necesidades do municipio.

Neste sentido, Lara Méndez cualificou de inusual que Alfonso Rueda precise vir acompañado a unha xuntanza bilateral, “xa que se lle presupoñía certo coñecemento das nosas demandas, primeiro polo seu carácter de débedas históricas, e logo porque, antes de dirixente, leva 13 anos sendo o vicepresidente da Xunta de Galicia”, referiu a alcaldesa.

Leer más:  El próximo sábado el alcalde recién elegido de A Estrada (Pontevedra) asumirá su puesto y el miércoles lo hará el alcalde de Guntín (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorRescatado un operario tras caer 15 metros por un barranco con un vehículo de obra en Pedrafita (Lugo)
Artículo siguienteLara Méndez, sobre o apoio institucional que a Administración local está a ofrecer ao Club Deportivo Lugo.
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.