Inicio lugo O PP de Pol insta ao goberno local a que garantice a...

O PP de Pol insta ao goberno local a que garantice a estabilidade no Servizo de Axudas no Fogar

Pol, 12 de setembro de 2022. Recetemente, o equipo de goberno local anunciou a ampliación do prazo para retomar a xestión directa do Servizo de Axuda no Fogar, esta estaba prevista para o 1 de setembro e retrasouse ata o 16 deste mes, 15 días máis do previsto. “Un retraso máis na xestión deste goberno” afirman desde o Partido Popular de Pol.

Debido a falta de trámites por parte do goberno, desde o PP de Pol denunciamos ante os cidadáns a falta de xestion e rigurosidade en temas de administración. Todo o persoal adicado ao servizo de axuda ao fogar está en continuo movemento, non encontran unha estabilidade que lles garante o servizo público e ven o seu futuro cheo de incertidumbre.

Debido á inestabilidade do goberno local, que dun momento para outro privatiza o servizo ou retorna outra vez a ser competencia do o concello, os populares “instámoslle ao goberno municipal que garantice unha estabilidade ao servizo”.

Ademais tamén piden ao goberno local que comece a tomar o tema coa seriedade propia dunha administración, pois “é un servizo moi necesario e demandado para moitos veciños de maior idade ou de movilidade reducida” , explican os populares

Leer más:  La titularidad de la única casa de Barcela, con 300 hectáreas de monte vecinal, crea controversia en Negueira (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Navia de Suarna constitúe a xunta xestora que inclúe “xente con experiencia e xente nova implicada co noso concello”
Artículo siguienteDenegado el indulto al guardia civil condenado por calumnias e injurias a la jueza Pilar de Lara
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.