Inicio lugo O PP de Foz reclama a Cajoto que complete as obras na...

O PP de Foz reclama a Cajoto que complete as obras na Rúa Limoeiros, para mellorar a calidade de vida e a seguridade vial dos veciños

Foz, 01 de setembro de 2022. O grupo municipal do PP, sempre disposto a sumar, a ser útil para solucionar os problemas e deficiencias que afectan aos veciños Foz, puxo de manifesto no seu día a necesidade de acometer a mellora da rúa Limoeiros. A vía foi obxecto de melloras, efectivamente, pero aínda quedan aspectos que resolver, como é a renovación dunha parte das varandas e a mellora das beirarrúas, e así o solicita o portavoz popular, Javier Castiñeira.

Os populares lembran que “no ano 2020 o grupo municipal do PP solicitou mediante rogo no pleno da corporación o arranxo da rúa Limoeiros, porque estaba moi mal, especialmente o pavimento”. Explican que “o goberno municipal decidiu incluír esa obra no Plan Único 2021 e executouse no 2022; practicamente foron rematadas neste verán. O traballo executado quedou bastante ben, pero entendemos que se fixeron as cousas a medias e non comprendemos como non se rematou o arranxo integral de Limoeiros”.

Castiñeira sinala: “Na parte arranxada, as varandas cumpren a legalidade, pero o goberno do Concello de Foz, no outro tramo, deixou as vellas, que teñen uns 70 centímetros e están moi por debaixo do que esixe a normativa”.

O portavoz popular indica: “No 60% da rúa quedaron sen arranxar as beirarrúas. Este equipo de goberno do Concello ten o costume de facer as cousas a medias; no PP pedimos que as rematen, que poñan as varandas legais en todo o tramo e que se acometa unha reparación integral. Así esta rúa terá un novo aspecto e mellorará a calidade de vida dos veciños”.

No PP destacan que por esta rúa pasa moita xente maior “e é necesario acometer esas pequenas obras e finalizar o traballo na rúa Limoeiros, como pediu o PP, para mellorar a calidade de vida dos veciños e a seguridade vial”.

Leer más:  La Fiscalía pide la absolución de un joven de Vilalba (Lugo) que enfrenta cargos por agredir sexualmente a su ex pareja, quien era menor de edad

- Te recomendamos -
Artículo anteriorElena Candia: “tras 25 anos de bipartidismo, Lugo necesita un cambio”
Artículo siguienteO PP de Monforte afea a Tomé o seu desinterese pola reparación da ponte de Piñeiro, pechada ao tráfico dende hai dous meses
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.