Inicio lugo O PP da provincia de Lugo recomenda a Formoso que dea instrucións...

O PP da provincia de Lugo recomenda a Formoso que dea instrucións aos alcaldes socialistas para que traballen para crear as condicións para asentar poboación no rural

Lugo, 28 de agosto de 2022.  Con frecuencia, descoñecer o entorno xera risco de cometer erros en calquera actividade, pero moito máis en política. O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, coñece pouco a provincia de Lugo e, á vista das súas declaracións, coñece aínda menos o Concello de Meira, no que asistiu á Festa da Malla. Só por descoñecemento, e con ousadía digna de mellor causa, puido relacionar Formoso, sinala o PP da provincia de Lugo, a situación demográfica de Lugo coa xestión da Xunta de Galicia. En calquera outro concello sería disparatada tal afirmación, pero no de Meira, afirma o PP da provincia de Lugo, moito máis, porque o goberno dese municipio non atende debidamente ás súas responsabilidades e así causa graves inconvenientes aos seus veciños. Dous exemplos: non fixo os desbroces no rural e mantén pechado o centro de día. Igualmente, os populares recomendan a Formoso que, se de verdade está preocupado por asentar poboación no rural, faga valer a súa autoridade no partido con respecto ao alcalde de Pol, para que deixe de portarse de maneira despótica cos cidadáns; no PP supoñen que o secretario xeral coñece, aínda que só sexa polos medios de comunicación, recentes comportamentos inaceptables do alcalde de Pol, Lino Rodríguez.

O PP lucense destaca que o Concello de Meira dispón de maquinaria para levar a cabo as  necesarias tarefas de roza no rural. Conta con tres desbrozadoras e dous tractores, pero, polo que se ve, non os utiliza. Polo tanto, está claro que o Concello de Meira non crea as condicións necesarias para facer atractivo o rural para residir; non crea as condicións para asentar poboación no rural.

Leer más:  Tres personas resultaron heridas tras un incendio en una pastelería en Riotorto (Lugo)

Os populares din a Formoso que se coñecera o entorno no que fixo as indicadas declaracións sabería que Meira mantén pechado o seu centro de día. Nun territorio con poboación moi envellecida, os centros de día son recursos moi necesarios para a poboación.

No PP lembran a Formoso que a Xunta mellora as condicións de vida dos veciños de Meira, por exemplo, co Plan de Mellora de camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas, cun orzamento de 32.600 euros. Por poñer só outro exemplo, co Proxecto de Creación, Mellora e Ampliación de Servizos Básicos Locais, no que figura o acondicionamento do acceso entre Seixosmil, en Meira, e Cuíñas, en Ribeira de Piquín, orzamentado en 47.830 euros.

No PP de Lugo poñen de relevo que se o secretario xeral do PSdeG de verdade quere fomentar o asentamento de poboación no rural ten que empezar por conseguir que os alcaldes do seu partido traten con respecto aos cidadáns. No caso de Lino Rodríguez, alcalde de Pol, aínda está recente a denuncia dun lucense polo modo en que foi tratado no campo de fútbol, e aínda más próxima no tempo a queixa expresada por unha parella por como foi tratada polo alcalde cando preguntou polo protocolo de actuación en relación cun can abandonado. O PP di que estes comportamentos “son inadmisibles e están danando a imaxe do concello”.

Os populares recomendan ao socialista Formoso que, se de verdade está preocupado por asentar poboación no rural, se dedique a traballar con seriedade para conseguilo e deixe de usar esta cuestión como ariete para facer oposición á Xunta de Galicia. Indican que “dende logo, o concello de Meira non é un bo escenario para facelo”.

Leer más:  ALERTA EN Lugo ante la plaga de cucarachas resistentes a insecticidas que ya podrían estar en tu casa

No PP están convencidos de que alguén no PSdeG asesora mal a Formoso e lle recomenda elixir concellos para os seus actos dirixidos polos peores xestores socialistas.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOs senadores do PP intentan que o Goberno explique que medidas pensa adoptar para acabar coas listas de espera en Lugo para os exames para obter o permiso de conducir
Artículo siguienteO PP de Monforte esixe explicacións a Tomé por ter inoperativo o campo de fútbol de A Pinguela
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.