Inicio lugo O PP de Monforte comproba que a rede de sumidoiros está atascada...

O PP de Monforte comproba que a rede de sumidoiros está atascada pola herba e a sucidade e avisa de que cando chova intensamente haberá máis inundacións

Monforte, 18 de outubro de 2022. Unha e outra vez, o PP de Monforte vén avisando ao goberno local, presidido polo socialista José Tomé, da necesidade de mellorar as redes de saneamento e de abastecemento de auga. Os populares revisaron o estado da rede de sumidoiros tanto no centro da cidade como na periferia e comprobaron que están en estado moi deficiente, tupidos polas herbas e pola sucidade.

A portavoz popular, Katy Varela, lembra que “neste ano, tras dúas intensas tormentas, houbo en Monforte inundacións nas principais rúas da cidade”. Como consecuencia, explican os populares, aflorou á superficie, é dicir, a calzadas e beirarrúas “sucidade solidificada e ata ratas mortas”. Varela sinala: “O alcalde manifestou que as inundacións debéronse as fortes choivas e que os sumidoiros estaban limpos”. Fronte a esta afirmación, sinala a portavoz do PP, “procedemos a revisar os sumidoiros en diferentes rúas da cidade e comprobamos que o seu estado é lamentable”.

O PP atopou deficiencias en sumidoiros tanto no mesmo centro, como Hortas e Santo Domingo e noutras como a Rúa Abeledos. Tamén están mal, por citar outros casos, en Piñeira e no barrio da Estación.

Varela afirma: “É necesario que o goberno local se tome en serio o problema das infraestruturas hidráulicas e planifique accións a curto, medio e largo prazo para acometer as melloras necesarias, tanto na rede de auga potable como na de colectores”.


- Te recomendamos -