Inicio lugo Castiñeira pregúntase onde se mete Tomé, que non é capaz de influír...

Castiñeira pregúntase onde se mete Tomé, que non é capaz de influír no Goberno para evitar a discriminación que sofre a provincia nos orzamentos do Estado

Lugo, 10 de outubro de 2022. A repetición de feitos demostra que non é unha anécdota a desaparición do presidente da Deputación, José Tomé, dos escenarios imprescindibles nos momentos máis importantes para a provincia. O grupo provincial do PP está preocupado por onde está o presidente da Deputación, José Tomé, porque nos momento clave, o máximo representante da provincia desaparece, como está a pasar co proxecto de orzamento do Estado para 2023, claramente discriminatorio para a provincia. O portavoz popular, Javier Castiñeira, lembra que “xa pasou co estatuto electrointensivo, fundamental para Alcoa, e pasoulle co peche de As Pontes, que foi moi lesivo para intereses industriais da nosa provincia; ao final tiveron que ir buscalo a San Marcos os propios traballadores da industria lucense para que dera a cara”. Engade que agora “está pasando coa pesca, porque o presidente da Deputación aínda non pisou un porto de A Mariña, non acompañou aos mariñeiros, ao sector, que está a pasar un moi mal momento; e pásalle sempre cos orzamentos do Estado”.

Castiñeira considera que “o presidente da provincia, en relación cos orzamentos do Estado, non fixo o seu traballo; segue a ser un presidente ausente e totalmente intranscendente para o Goberno central, que está máis preocupado por manter os seus apoios políticos que de atender aos problemas reais, neste caso da provincia de Lugo”. Tomé, segundo os populares, “debera exercer as súas influencias, se verdadeiramente as ten, que dubidamos que as teña, para dar solución aos grandes problemas da provincia”. Din que “non pode permitir despois de tres anos que se conxelen investimentos para  as grandes infraestruturas lucenses; autovías de A Mariña, a de Lugo-Ourense ou a do sur da provincia; non pode manterse impasible diante da pésima estratexia enerxética do Estado, que está fulminando a nosa economía, ou o mínimo peso que temos en Europa; lévanos a ser intranscendentes fronte aos seus socios ultramedioambientalistas que  prexudican aos nosos veciños”. Castiñeira declara: “É unha pena que o primeiro dos lucenses, que debe ser o que dea a cara, se esconda debaixo da saia do señor Sánchez, e se limite a xustificalo ou a tratar de facer oposición á Xunta  de Galicia”. Dende o grupo provincial do PP esixen “ao señor Tomé que se impoña e que se rebele fronte aos ataques dos seus compañeiros socialistas en Madrid, como fan algúns baróns socialistas que xa empezaron a verlle as orellas ao lobo e tratan de impoñer os intereses dos seus territorios das súas siglas políticas, que, isto último, é o que fai o señor Tomé coa provincia de Lugo”.

Leer más:  Protestas en Mallorca tras la tala de 200 pinos históricos por construcción del Four Seasons en Pollensa

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Monforte insta a Tomé a negociar cos sindicatos a nova Relación de Postos de Traballo do Concello
Artículo siguienteO PP de Viveiro insta a Loureiro “a deixarse de escusas e facer o necesario para pavimentar o aparcadoiro de Verxeles, hoxe intransitable a causa das grandes fochancas”
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.