Inicio lugo Daniel Vega: “A escola de Ove foi arranxada cun investimento de 10.000...

Daniel Vega: “A escola de Ove foi arranxada cun investimento de 10.000 euros por parte da Xunta”

Ribadeo, 6 de outubro de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, explica que “a escola de Ove foi arranxada cunha axuda da Xunta de Galicia de 9.696 euros”.

O popular sinala que se trata dunha axuda convocada pola vicepresidencia primeira e consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo dirixida ao embelecemento no Camiño que permitiu mellorar e acondicionar o exterior da escola de Ove. Nese sentido, Vega considera que é “unha axuda importante” porque permite “conservar o patrimonio, algo no que o noso grupo levamos traballando dende fai tempo”.

“As actuacións na casa escola de Ove, que se sitúa pegada ao Camiño, supuxeron o pintado exterior, recuperar a carpintería exterior, mellorar a situación do cableado exterior e colocar un canalón na parte de atrás do edificio”.

Vega explica que “esta mellora permitirá manter o exterior desta casa escola en bo estado e dar unha boa imaxe. Debemos loitar entre todos para recuperar os edificios públicos. En moitas ocasións, a deixadez é absoluta por parte do goberno do BNG e vemos con tristeza que non toma medidas. Realmente, unha pena”, manifesta.

O portavoz do Grupo Municipal Popular traslada o seu agradecemento á Xunta de Galicia polo seu “compromiso absoluto con Ribadeo”.

Leer más:  Cómo detectar si tienes croquetas congeladas con trozos de plástico en tu nevera de Lugo

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl tiempo en Lugo
Artículo siguienteLa madrugada de San Froilán deja nueve alcoholemias positivas en Lugo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.