Inicio lugo O PP de Burela apoia ao sector da pesca de fondo e...

O PP de Burela apoia ao sector da pesca de fondo e pedirá que o Concello se posicione en contra da “decisión unilateral” da Comisión Europea para vetala

Burela, 4 de outubro de 2022. O Grupo Municipal Popular de Burela considera “o veto da Unión Europea á pesca de fondo un agravio a un sector importante para o noso concello”. É por iso polo que proporán no pleno deste xoves da corporación municipal que o Concello de Burela se dirixa á Xunta de Galicia para pedirlle que apoie tanto o imprescindible recurso do Goberno de España diante da decisión unilateral da Comisión Europea; como todas aquelas medidas legais que adopten as empresas armadoras pola súa conta. Así mesmo, os populares propoñen acordar tamén que a Xunta reitere ao Goberno de España a urxente necesidade de solicitar da Comisión Europea que rectifique e anule o novo Regulamento UE 2022/1614 da Comisión, de 15 de setembro de 2022, polo que se determinan as zonas de pesca en augas fondas e se establece unha lista de zonas nas que se coñece a existencia de ecosistemas mariños vulnerables ou a posibilidade de que existan, que entrará en vigor a comezos de outubro deste ano.

“É totalmente indignante e un despropósito que Bruxelas vete a pesca de fondo atendendo unicamente aos aspectos medioambientais e non aos científicos nin socioeconómicos. Ademais non teñen falado cos Estados nin co sector”, explica o voceiro burelés, Manuel Rouco. “É unha mostra máis da mala fe da CE tendo en conta que a directora xeral Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea se comprometera en xullo a revisar a medida con máis datos e informes, cousa que non fixo”, sinalan os populares.

“Sempre defendemos que todas as artes de pesca son respectuosas co medio ambiente se se usan ben. Medidas coma esta, arbitrarias e sen base científica, poñen en risco o futuro da frota e poden supoñer unha importante perda de buques, empregos e alimentos de calidade”, condenan dende o PP de Burela.

Leer más:  Greenfiber decide suspender las conversaciones sobre la planta de Altri tras las protestas

O 20 de setembro o Goberno Galego mantiña unha reunión co sector e con xuristas expertos para analizar o posible recurso e ver o xeito máis efectivo de actuar contra este veto para defender os intereses da frota. Así, o Goberno galego urxe a construír unha posición sólida a nivel nacional contra o veto á pesca de fondo e compromete o seu apoio aos distintos recursos xudiciais que se presenten. “É fundamental unha resposta xudicial estatal dado que se trata dun asunto que prexudica tamén a outras comunidades, non só a Galicia”, apuntan os populares.

Convenio con Alcoa sobre o uso de terreos municipais

O Grupo Municipal do PP tamén presenta unha iniciativa para que o Concello de Burela asine antes de finais do ano en curso un convenio regulador que recolla as condicións de uso e desfrute da empresa privada Alcoa, e do propio Concello de Burela, en relación á instalación de medición ambiental situada nos terreos municipais da escola de música.

O voceiro defende a necesidade de aprobar esta proposta porque “dende hai varios meses estanse a usar terreos públicos municipais por parte dunha empresa privada, moi coñecida na nosa comarca, sen que se asinara ningún tipo de convenio entre o Concello e dita empresa para a localización e uso dunha instalación para efectuar medicións ambientais en ditos terreos de titularidade municipal”.

Artículo anteriorDaniel Vega: “Todos temos que xestionar orzamento para a reforma do Hospital Asilo de Ribadeo”
Artículo siguienteTeixido non optará de novo á presidencia do PP de Guitiriz e abre o camiño para o proceso de renovación da lista popular para as próximas eleccións locais
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.