Inicio lugo O PP de Lugo destaca que na “repesca” da vacinación os maiores...

O PP de Lugo destaca que na “repesca” da vacinación os maiores poderán acudir aos centros de saúde e, se teñen problemas de mobilidade, serán vacinados a domicilio

Lugo, 3 de outubro de 2022. Os populares lucenses, diante da polémica que xorde estes días co comezo da vacinación para a gripe e fronte á covid-19, sinalan que dende o Sergas mandouse unha resposta clara. A deputada Encarna Amigo lembra que “na pasada vacinación fomos unha comunidade exitosa, xa que logramos vacinar a gran número de pacientes e todo se fixo de xeito ordenado”. Engade: “Temos unha gran experiencia. Por iso, nesta ocasión se optou polos grandes vacinódromos nos grandes e pequenos hospitais. Temos unha primaria saturada, hai falta de médicos en moitos concellos e do que se trata é de non saturar máis á primaria. Ese é o obxectivo de citar aos pacientes nos hospitais e nos grandes recintos”.

A mesma deputada explica: “Por outro lado, moita xente maior prefire ir aos hospitais ou aos grandes recintos, porque ten espazo para estacionar e un bo servizo de axuda para as persoas con problemas de mobilidade ou doutro tipo. Para as persoas encamadas, ou que teñen problemas para acudir, está previsto que haxa unha repesca; poderán acudir como no anterior proceso de vacinación aos centros de saúde da cabeceira de comarca, ou, se teñen problemas maiores de mobilidade, irase vacinalos a domicilio. Ninguén vai quedar sen vacinar, exactamente igual que nas veces anteriores”.


- Te recomendamos -