Inicio lugo O PP de Foz destaca as melloras previstas por Educación no IES...

O PP de Foz destaca as melloras previstas por Educación no IES e afea a Cajoto que trate de apropiarse do éxito de xestións que non fixo

Foz, 3 de outubro de 2022. O grupo municipal do PP de Foz mostra a súa satisfacción pola próxima execución de obras de mellora do IES e afea ao alcalde, o socialista Fran Cajoto, que trate de apropiarse do resultado das xestións feitas por outros.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “O PP quere agradecer a presencia no IES de Foz do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para presentar as obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio de Bacharelato e tamén dos antigos talleres de FP, do mesmo centro. É unha obra solicitada no seu momento polo grupo municipal do PP, mediante unha moción presentada ao principio da lexislatura e que, despois de todos os problemas xerados pola Covid-19, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia decidiu retomar e metela nos orzamentos do ano 2022, o que levou a súa licitación e a súa próxima adxudicación e inicio, probablemente en novembro”.

Castiñeira explica: “Dende o PP de Foz mostramos a nosa satisfacción. O noso compromiso coa educación era claro cando estabamos no goberno; fixéronse entón obras importantes  en todos os centros, un exemplo claro foi a do colexio número 1, moi similar á que se vai facer agora no IES. E o facemos dende a oposición, conseguindo esta obra de máis de 1,2 millóns euros. Será fundamental para a comunidade educativa en xeral, e para os nosos estudantes do IES de Foz, en particular. Foi a cooperación coa dirección do centro a que levou a traer esta obra para o noso concello”.

Os populares ven con sorpresa a actitude do alcalde, “que non fixo absolutamente nada por esta obras”. Aseguran que “cando o PP presentou a moción, Cajoto era escéptico en relación a que se levaran a cabo e, hai poucos días, criticou a Cultura e apoiou moción do BNG criticando o labor da Consellería e agora pretende apuntarse a algo no que non participou en absoluto”.

Leer más:  Prioridad hídrica: el compromiso medioambiental de Marga Prohens en Baleares

Castiñeira di: “Esperemos que Cajoto non poña pegas ás obras. Xa nos conformamos con iso. A actitude do alcalde intentando coller as xestións que fan os demais non nos sorprende; xa o facía como candidato e sigue a facelo agora como alcalde. O PP vai seguir traballando para conseguir obras importantes para Foz, igual que fixemos coa depuradora e con esta do IES, e con outras moitas”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa alcaldesa de Lugo augura un San Froilán “muy masivo” y el Ayuntamiento refuerza y amplía las líneas de autobuses
Artículo siguienteO PP de Lugo destaca que na “repesca” da vacinación os maiores poderán acudir aos centros de saúde e, se teñen problemas de mobilidade, serán vacinados a domicilio
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.