Inicio lugo O PP lamenta “o autoritarismo” da alcaldesa que “nunca se viu en...

O PP lamenta “o autoritarismo” da alcaldesa que “nunca se viu en 40 anos de democracia en Vilalba”

Vilalba, 30 de setembro de 2022. O Grupo Municipal Popular de Vilalba lamenta o “autoritarismo” da alcaldesa e do goberno do PSOE demostrado este xoves durante o pleno da corporación local. Os populares condenan a decisión da alcaldesa de reconverter en rogos as mocións presentadas polos grupos da oposición, “unha decisión que non debería ter pasado nun Estado de dereito”, segundo subliña a voceira, Sandra Vázquez. “Nunca tal se acorda en 40 anos de democracia en Vilalba”, remarca.

“É incomprensible que polo tomo y mando da señora alcaldesa non se podan someter á votación dos membros da corporación municipal propostas de interese para os vilalbeses coma as presentadas pola oposición”, valora a popular. Deste xeito, “evita que os veciños e veciñas coñezan cal é o posicionamento do PSOE” porque, segundo manifestou Veleiro no pleno, “o goberno xa sabe o que ten que facer”. Pola contra, “o que si permite someter a votación do pleno de Vilalba son peticións a outras administracións; pero o que é competencia do Concello non se pode votar porque molesta ao equipo de goberno socialista”. Deste xeito, “evita ter que cumprir os acordos que tomase a maioría do pleno”.

Vázquez engade tamén que “para o Partido Popular non serven as escusas da alcaldesa e do seu goberno que se amparan nun informe xurídico encargado por ela mesma ao secretario -que é un funcionario público que merece todo o noso respecto- e que el mesmo aclarou que non é vinculante e, polo tanto, que é a alcaldesa a que ten a última palabra. E esa decisión foi tapar a boca aos grupos da oposición: a partir de agora falarase e só se someterán a votación os temas que ela queira. Isto non sucede nos outros concellos ou Deputacións”, engade.

Leer más:  Alerta sanitaria en Lugo por la venta de almendras cancerígenas de Estados Unidos
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Vilalba abandonaron o pleno como sinal de protesta.

Iniciativas do PP útiles para Vilalba e os vilalbeses

A voceira popular lamenta, polo tanto, que “non se puidera coñecer no día de onte o posicionamento do goberno local sobre propostas relevantes para Vilalba e os vilalbeses que foron presentadas en tempo e forma polos grupos da oposición para seren debatidas e votadas, como se fixo sempre ata o de agora”.

O Grupo Municipal Popular propoñía convocar a Comisión de Contas de cara á elaboración do orzamento para o ano 2023 porque “o PSOE está a gobernar coas contas do ano 2019 para as que os propios socialistas votaran en contra”. Ademais, a situación económica e social e, polo tanto, as prioridades das administracións cambiaron nos últimos anos debido á pandemia e á crise derivada da subida dos prezos.

Outra proposta dos populares dirixíase a que o goberno comezara unha campaña para a dinamización e reactivación do pequeno comercio local en coordinación coa asociación de empresarios. Igualmente, tiñan presentado en tempo e forma unha iniciativa dirixida a incrementar a subvención ao Vilalba FS para a temporada 22/23, xa que a alcaldesa rexeita cumprir o compromiso adquirido co club antes de lograr o ascenso á Segunda División B. “Cremos que o Concello debe apoiar aos vilalbeses, poñer da súa man para reactivar o comercio e tamén para promover o deporte que leva o nome de Vilalba”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Foz pregúntase por que Cajoto non aclara no pleno se os socorristas auxiliares tiñan a titulación adecuada
Artículo siguienteTransportistas de Lugo estudiarán movilizaciones ante la prohibición de circular por la A-6 si hay riesgo de nieve
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.