Inicio lugo O PP da Pastoriza advirte que “o goberno local arranxa con gravilla...

O PP da Pastoriza advirte que “o goberno local arranxa con gravilla a estrada entre Corvelle e Muimenta que estaba aglomerada”

A Pastoriza, 20 de setembro de 2022. Os populares advirten que “o goberno local arranxou con gravilla e un pouco rego asfáltico a estrada municipal de Corvelle a Muimenta polos Canaredos que estaba aglomerada”.

Dende o PP local cren que se trata dunha “chapuza” que “non vai servir para arranxar a estrada de forma duradeira e nas condicións na que a precisan os usuarios da vía que son, principalmente, os veciños da zona”. Para os populares é “unha actuación con fins electoralistas máis que coa finalidade de acondicionar debidamente unha estrada moi transitada”.

Despois de numerosas queixas dos veciños e reiteradas chamadas de atención por parte dos populares, o goberno local arranxa algunhas vías das parroquias “xusto cando falta menos dun ano para as próximas eleccións municipais”.

O PP da Pastoriza pide seriedade á hora de arranxar as pistas municipais: “É necesario desenvolver un plan serio con actuacións de mellora e conservación continuado no tempo para evitar que as estradas que os veciños usan a diario cheguen a atoparse nunhas lamentables condicións como se atopan agora boa parte das vías municipais”.

Leer más:  Tres personas resultaron heridas tras un incendio en una pastelería en Riotorto (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLa hostelería gallega prevé una reducción de ingresos de hasta “un 50 o un 60%” en el último trimestre del año
Artículo siguienteElena Candia promete que si llega a la alcaldía de Lugo creará “una oficina antiokupa” para asesorar a afectados
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.