Inicio lugo O PP apoia aos veciños na súa demanda á Deputación para que...

O PP apoia aos veciños na súa demanda á Deputación para que amplíe o ancho da estrada LU-P 2901 en O Burgo, en dirección a Palas de Rei

Lugo, 22 de agosto de 2022. A mellora das infraestruturas viarias que dependen da Deputación é condición necesaria para promocionar a zona rural da provincia. Neste terreo o goberno presidido polo socialista José Tomé ten colleitado un verdadeiro fracaso. Incluso cando se decide a acometer algunha das moitas obras precisas é incapaz de facelo de maneira que sexan atendidas as verdadeiras necesidades. É o caso das obras de mellora e pavimentación nunha parte da LU-P 2901, dende a LU-232 polo Burgo (Concello de Lugo) a Palas de Rei. Esta vía forma parte do Camiño Primitivo e ten un intenso tráfico peonil (peregrinos). O seu ancho, na parte que vai ser sometida a obras de mellora, é moi escaso o que provoca constantes situacións de risco para o tráfico rodado e peonil. O grupo provincial do PP, por medio do seu viceportavoz, Óscar Poy, faise eco das demandas dos veciños e reclama que nun tramo de 700 metros, dende o Burgo, en dirección a Palas de Rei, as obras inclúan o ensanche da vía ata enlazar co tramo que xa é máis ancho que o resto.

No seu momento, a Deputación, baixo a presidencia do popular Francisco Cacharro, deixou planificada a construción dunha variante. Pero o citado proxecto nunca se levou a cabo. Os veciños din que agora, xa que a Deputación acomete as obras de mellora da vía dende o Burgo, é o momento de aproveitar para ampliar o seu ancho nun tramo de 700 metros, a partir de O Burgo, en dirección a Palas de Rei, e ata enlazar co tramo que xa ten máis ancho, ata completar varios quilómetros. O viceportavoz popular, Óscar Poy, comparte plenamente a opinión dos veciños que demandan a ampliación do ancho da vía. Sinalan que a diario e practicamente durante todo o día pasan peregrinos, que camiñan por unha ou outra banda da estrada, o que crea problemas para a súa propia seguridade; é unha vía que rexistra abundante tráfico rodado, moito del maquinaria agrícola. Poy indican que os veciños aseguran que “ata agora houbo moita sorte, pero se isto sigue así, e non se lle dá máis ancho a estrada, en canto teña o novo pavimento e os vehículos circulen máis rápido, vai ser moi, moi difícil que non se produzan accidentes”.

Leer más:  ALERTA EN Lugo ante la plaga de cucarachas resistentes a insecticidas que ya podrían estar en tu casa

- Te recomendamos -
Artículo anteriorLugo, único concello galego galardoado co Premio Boas Prácticas Locais polo Clima polo seu barrio multiecolóxico
Artículo siguienteO PP de Barreiros insta a Ana Ermida a xestionar con Costas a execución dos traballos precisos para reabrir ao público a praia de San  Bartolo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.