Inicio lugo O PP lamenta “a falta de respecto coa Xunta” por parte do...

O PP lamenta “a falta de respecto coa Xunta” por parte do goberno vilalbés ao trasladar información errada sobre a cancelación do concerto do Xacobeo 21-22

Vilalba, 17 de agosto de 2022. Os populares de Vilalba lamentan as formas do goberno local socialista, “impropias dos máximos representantes dunha institución”, á hora de comunicar a cancelación do concerto de Beret en Vilalba dentro da programación do Xacobeo 21-22 financiada pola Xunta. “É unha falta de respecto institucional -a que se debe ter entre administracións- trasladar unha información errada ao anunciar que a Xunta decidira cancelar o concerto, cando foi unha decisión consensuada entre a axencia e o artista”, segundo sinala a voceira, Sandra Vázquez.

A popular condena que “o goberno do PSOE empregara o Concello, a través das súas redes sociais, para facer conflito político. O que menos podíamos pensar é que o goberno local socialista empregara esta situación -que podía supoñer risco para a seguridade das persoas- para facer oposición á Xunta” cun tema que “é positivo para Vilalba e para os concellos que acollen algún dos concertos ou outras actividades do Xacobeo 21-22”.

“Vendo as condicións meteorolóxicas e as previsións de fortes chuvias e vento, a mellor decisión que puideron tomar, neste caso, o artista e a axencia contratada foi cancelar o concerto”, defende Vázquez ao considerar que “por enriba de todo debe estar a seguridade das persoas”.

Revulsivo para Vilalba

Vázquez considera que “un concerto do Xacobeo 21-22 viña a ser un revulsivo para Vilalba ao atraer xente de tódolos lugares á nosa vila por onde pasa o Camiño Norte. Mentres que o Xacobeo é positivo para todos -independentemente da cor política que goberne en cada concello no que se celebren estes concertos-, parece ser que, no caso do PSOE vilalbés, si lle molesta”.

A presidenta do Partido Popular local cre que “ao goberno municipal do PSOE moléstalle en xeral que a Xunta invista en Vilalba. Xa o vimos noutras ocasións nas que foi convidado polo delegado territorial da Xunta para revisar obras no municipio financiadas integramente pola administración autonómica; pero rexeitou a invitación”. Nesta ocasión, “volveron tomar unha decisión de forma unilateral trasladando unha información que non era correcta”.

Leer más:  Prioridad hídrica: el compromiso medioambiental de Marga Prohens en Baleares

- Te recomendamos -
Artículo anteriorArrancan los trabajos de desmontaje del viaducto de O Castro de la A-6 para avanzar en la “recuperación del tráfico”
Artículo siguienteOs senadores lucenses do PP solicitan unha vez máis ao Goberno central o restablecemento da oferta ferroviaria suprimida pola pandemia
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.