Barreiros, 13 de outubro de 2022. O PP de Barreiros, sempre atento a todo o que ten que ver coa seguridade dos veciños e a boa imaxe do municipio, acaba de presentar unha iniciativa, que será abordada na próxima sesión plenaria, para que o Concello cumpra coa súa obriga en canto a que os terreos públicos e privados sen edificar estean libres de maleza e de sucidade.
O portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, lembra que os propietarios de soares e fincas teñen a obriga de mantelos nas debidas condicións de limpeza e ornato, tanto por razóns de salubridade como de seguridade e de imaxe dos núcleos de poboación. Cando os propietarios, por iniciativa propia, non atenden estas responsabilidades, é precisa a intervención do Concello. Sinala: “No noso ámbito, hai terreos nos que abunda a maleza, co conseguinte deterioro da seguridade e da imaxe de Barreiros. Por este motivo son frecuentes as queixas veciñais e é precisa a intervención do Concello; esperemos que a alcaldesa, Ana Ermida, atenda a petición dos veciños”.
La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…
El atractivo paisajístico de los olivares en España ha convertido a sus pueblos en un…
Tras un año y medio en vigor, la nueva ley concursal se vislumbra más adecuada…
LUGO, 30 (EUROPA PRESS) La sección segunda de la Audiencia Provincial de Lugo ha condenado…
En la mañana de hoy en Lugo el cielo estará cubierto con lluvia. Según pasen…
El total de suspensiones del alto tribunal gallego asciende a 33 este año LUGO, 29…
Esta web usa cookies.