Inicio lugo O PP de Barreiros insta a Ermida a que faga as xestións...

O PP de Barreiros insta a Ermida a que faga as xestións necesarias para que os propietarios de terreos os manteñan sen maleza e limpos

Barreiros, 13 de outubro de 2022. O PP de Barreiros, sempre atento a todo o que ten que ver coa seguridade dos veciños e a boa imaxe do municipio, acaba de presentar unha iniciativa, que será abordada na próxima sesión plenaria, para que o Concello cumpra coa súa obriga en canto a que os terreos públicos e privados sen edificar estean libres de maleza e de sucidade.

O portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, lembra que os propietarios de soares e fincas teñen a obriga de mantelos nas debidas condicións de limpeza e ornato, tanto por razóns de salubridade como de seguridade e de imaxe dos núcleos de poboación. Cando os propietarios, por iniciativa propia, non atenden estas responsabilidades, é precisa a intervención do Concello. Sinala: “No noso ámbito, hai terreos nos que abunda a maleza, co conseguinte deterioro da seguridade e da imaxe de Barreiros. Por este motivo son frecuentes as queixas veciñais e é precisa a intervención do Concello; esperemos que a alcaldesa, Ana Ermida, atenda a petición dos veciños”.

Leer más:  Este sábado, elrow town Madrid lanza su evento más ecológico

- Te recomendamos -
Artículo anteriorEmpresarios de Lugo pedirán al Papa que interceda contra el veto europeo a la pesca de fondo
Artículo siguienteA Deputación de Lugo participa nos actos de celebración da patroa da Garda Civil
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.