O PP avisa a Tomé de que non apoiará un orzamento que non tome en consideración o IPC, porque non quere que Lugo sexa a provincia de “Lo que el viento se llevó”

Lugo, 19 de setembro de 2022. Ao presidente da Deputación, o socialista José Tomé, gústalle a película Lo que el viento se llevó, sen dúbida unha das xoias do cine. O malo é que a xestión de Tomé á fronte da Deputación está a conseguir que Lugo sexa unha provincia á que se pode aplicar o título de tal peza cinematográfica. O portavoz do PP na Deputación, Javier Castiñeira, di que no grupo provincial popular néganse “a pensar que a provincia de Lugo é a provincia de Lo que el viento se llevó do presidente da Deputación, o socialista José Tomé”. Engade: “Non queremos que se nos vaian as industrias a causa da política enerxética do Estado, non queremos que as estradas estean no estado que están a día de hoxe;  queremos ter unha autovía en A Mariña, unha na zona sur da provincia e que melloren os prazos da autovía Lugo-Santiago”.

Castiñeira di: “Na provincia de Lo que el viento se llevó do señor Tomé as entradas provinciais son unha dificultade para todas as persoas que viven no rural. O señor Tomé non quere recoñecer que fracasou a súa política de estradas; non queremos unha provincia que se identifique co título Lo que el viento se llevó por causa da conxelación do plan Único, debido a que todos eses concellos pequenos que esperaban máis cooperación en época de crise o único que viron foi a conxelación do importe do Plan Único”.

Os populares queren unha provincia moderna, cun goberno moderno que teña en conta a situación real. E para iso, “o primeiro é combater a inflación que está prexudicando ás nosas familias, aos nosos veciños,  que teñen dificultades coa cesta da compra”. No PP din que os empresarios “non viron axuda da Deputación de Lugo fronte aos elevados custos de produción e a conseguinte caída da competitividade, que leva algúns a pensar incluso en perder postos de  traballo”. Castiñeira avisa: “No PP ofrecémonos de novo para traballar  de forma conxunta. Pero que non conten con nós para que Lugo sexa a provincia de Lo que el Viento se llevó. Queremos unha provincia próspera, con oportunidades para os nosos concellos, con capacidade para dar mellores e máis servizos porque a Deputación lles axuda e non fai política discrecional segundo a cor política”. Engade: “Queremos unha provincia con infraestruturas adecuadas e non cheas de fochancas; o PP ofrécese para traballar nos orzamentos, pero non para que voen as ilusións dos nosos cidadáns como no título desa película que tanto lle gusta ao señor Tomé”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

1 hora hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

1 hora hace

Ingenium S.a. adquirida por Comelit para expandir en automatización

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

2 horas hace

Reconocimiento global para cinco hoteles de lujo en España

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

3 horas hace

Precaución en Galicia: viernes de viento y lluvia

Avisos amarillos en Galicia por intensas lluvias y vientos Este viernes, se activarán avisos amarillos…

8 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 3 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Lugo el cielo estará cubierto con lluvia. Con respecto…

12 horas hace

Esta web usa cookies.