Monforte, 19 de setembro de 2022. A instalación de cámaras para o control de acceso a zonas de Monforte con restrición de circulación rodada xera dúbidas e queixas cidadáns das que se fan eco os concelleiros do Partido Popular. Os populares, que esperan que o Concello dispoña de todos os permisos necesarios para o uso deste sistema de vixilancia, constata que entre os cidadáns hai opinións moi críticas con este modelo. No PP din que tanto ou máis que no ámbito no que se instalaron, as cámaras son necesarias noutros puntos nos que con frecuencia se producen actos de vandalismo
A portavoz do PP, Katy Varela, considera que o alcalde, o socialista José Tomé, gasta cartos na videovixilancia do centro “cando dende o noso punto de vista , este investimento sería máis produtivo en zonas menos transitadas, como o paseo que vai a Piñeira, ou o paseo do Malecón, onde se producen actos de vandalismo que danan valos, papeleiras, farois, etcétera”. Os actos de gamberrismo esixen, di Varela, “investimentos para reparar todo o deteriorado; se estas zonas contaran con videovixilancia, evitaríase seguramente este gasto na reparación do esnaquizado”. Os populares sinalan que no ámbito no que se instalaron as cámaras no debería haber maior problema nin necesidade deste sistema se a Policía Local presta a este ámbito urbano a atención que merece. Os populares indican que estarán moi atentos a evolución deste asunto, para comprobar que non se trate dun intento de usar estes recursos tecnolóxicos con afán recadatorio.
La presidenta de la Comunidad de Madrid es la dirigente autonómica más reconocida en España,…
Alerta en Lugo: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…
En la mañana de hoy en Lugo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia.…
LUGO, 1 (EUROPA PRESS) El secretario xeral del PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, ha reclamado…
Durante la mañana en Lugo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Por la…
El juez concluye que no hay indicios de delito en la pieza separada derivada de…
Esta web usa cookies.