Pol, 12 de setembro de 2022. Recetemente, o equipo de goberno local anunciou a ampliación do prazo para retomar a xestión directa do Servizo de Axuda no Fogar, esta estaba prevista para o 1 de setembro e retrasouse ata o 16 deste mes, 15 días máis do previsto. “Un retraso máis na xestión deste goberno” afirman desde o Partido Popular de Pol.
Debido a falta de trámites por parte do goberno, desde o PP de Pol denunciamos ante os cidadáns a falta de xestion e rigurosidade en temas de administración. Todo o persoal adicado ao servizo de axuda ao fogar está en continuo movemento, non encontran unha estabilidade que lles garante o servizo público e ven o seu futuro cheo de incertidumbre.
Debido á inestabilidade do goberno local, que dun momento para outro privatiza o servizo ou retorna outra vez a ser competencia do o concello, os populares “instámoslle ao goberno municipal que garantice unha estabilidade ao servizo”.
Ademais tamén piden ao goberno local que comece a tomar o tema coa seriedade propia dunha administración, pois “é un servizo moi necesario e demandado para moitos veciños de maior idade ou de movilidade reducida” , explican os populares
Hoy por la mañana en Lugo el cielo estará cubierto con lluvia. Según pasen las…
Vecinos elaboran en Monterroso (Lugo) pancartas y lemas para la manifestación del día 26 en…
Las víctimas residen en las provincias de Pontevedra, A Coruña y Lugo, y en Lanzarote…
Para hoy en Lugo habrá cielos cubiertos con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…
Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…
En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…
Esta web usa cookies.