O PP de Navia de Suarna constitúe a xunta xestora que inclúe “xente con experiencia e xente nova implicada co noso concello”

Navia de Suarna, 12 de setembro de 2022.  O Partido Popular da provincia de Lugo continúa a reforzar as agrupacións locais de cara ás eleccións municipais do 2023 co obxectivo de “sumar e traballar por cada un dos concellos lucenses”. Despois de ser nomeado fai unhas semanas presidente da xestora de Navia de Suarna, Raúl Pérez Álava cumpre co seu compromiso de crear un equipo de traballo para conformar a xunta xestora do PP local.

O novo presidente deu a coñecer durante unha reunión celebrada este domingo na que tamén participaron varios membros da dirección provincial os nomes dun grupo de persoas de varias zonas do municipio comprometidas con Navia de Suarna, “un equipo de once persoas que mestura xente con experiencia, pero tamén xente nova”. Trátase de Jesús Fernández López, María Julia González Losada, Faustino Pérez Gómez, Manolo González Álvarez, Manuel Álvarez Viguín, María Inés González Losada, Manuel Bermúdez Fernández, Yanira Díaz González, Pablo Romero Pérez e Carlos Ramos Díaz.

“O noso obxectivo é o de traballar para conformar unha alternativa ao actual goberno local. Queremos que a xente poda vivir e traballar no noso municipio e para iso é necesario garantir servizos e ofrecer posibilidades para implantar negocios e poder conseguir un emprego na nosa propia localidade”. A este respecto, o responsable local da agrupación popular cre que para a prestación dalgúns servizos as administracións públicas deben, na medida das súas posibilidades, “primar a contratación de autónomos ou pequenas empresas locais porque é a forma de crear emprego e asentar poboación”.

Pérez Álava agradece o compromiso de todas as persoas que forman parte da xunta xestora e convida a todas “aquelas interesadas en mirar pola nosa zona a unirse ao noso proxecto. Temos que implicar xente nova que queira facer cousas por Navia, proxectos e actividades. Queremos o mellor para o noso concello” e, polo tanto, “coa implicación de todos e as medidas políticas axeitadas, podemos conseguir que unha zona de montaña e pouco poboada coma a nosa sexa un lugar atractivo para vivir”, considera.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 28 de abril de 2024

Para el día de hoy en Lugo habrá cielos nubosos con lloviznas generalizadas. Con respecto…

10 horas hace

Importancia de la banca rentable: palabras de Gonzalo Sánchez de PwC España

El presidente de PwC España, Gonzalo Sánchez, manifestó que "los resultados del sector financiero son…

18 horas hace

La botadura de los ac75 revela los secretos e innovaciones de los equipos de la America’s Cup

Con el NYYC American Magic y el Orient Express Racing a punto de desvelar sus…

18 horas hace

Asempleo urge consenso para reducir accidentes en el trabajo

En el marco del Día Internacional de la Seguridad y la Salud en el Trabajo,…

18 horas hace

Familias españolas eligen a Grupo Albia como la funeraria más destacada, muestra el NPS

Grupo Albia ha sido reconocida, un año más, por su excelencia en el acompañamiento a…

19 horas hace

La compañía Holaluz al borde de cerrar importantes préstamos

Holaluz cierra una semana crucial con el mercado aún pendiente de la concreción de préstamos…

1 día hace

Esta web usa cookies.