Inicio lugo Castiñeira: “Cajoto acerta cando rectifica e alegrámonos de que agora saia adiante...

Castiñeira: “Cajoto acerta cando rectifica e alegrámonos de que agora saia adiante o concurso para o SAF grazas a facer as cousas como dicía o PP”

Foz, 18 de outubro de 2022. Unha vez máis, queda claro, asegura o portavoz dos populares de Foz, Javier Castiñeira, que o alcalde, Fran Cajoto, “acerta cando rectifica”. Así ocorre na licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Castiñeira di: “O tempo dá novamente a razón ao PP cando falamos do SAF, que leva máis de tres anos caducado”. O PP, lembra o seu portavoz, “vén reclamando ao goberno local que canto antes actualice ese servizo”. En marzo pasado, o PP avisou a Cajoto no pleno de que a memoria para a licitación “estaba desactualizada, porque era do 2021, prevía prezos totalmente desfasados e custos irreais, moito máis baixos do servizo a día de hoxe; consideraba un IPC que non era o real; incluso ás horas que se prevían eran moitas menos das que actualmente ten autorizadas o goberno”. Agora, por fin, Cajoto rectifica e saca o servizo de novo a licitación, pero cunha memoria actualizada, como lle dicía o PP.

Castiñeira explica: “En marzo pasado, o señor alcalde non quixo facernos caso e  seguiu adiante coa licitación. Aos poucos meses tivo que volver atrás por diferentes alegacións. Agora volve sacar o servizo a licitación e faino como lle dixo o PP, cunha memoria actualizada, na que se demostra que o señor alcalde e o equipo de goberno estaban totalmente  errados. Dos 5 millóns de euros de custo que estimaban en marzo de 2022, ímonos a  6.500.000 euros;  dos 18,10 euros en que calculaba o prezo da hora, agora pasa a 19,75 euros, e das 63.000 horas agora pasamos a 74.400”.

Castiñeira manifesta: “O señor Cajoto acerta cando rectifica e unha vez máis se demostra que o PP tiña razón e que o Partido Popular de Foz está funcionando dende a oposición; o lamentable é que o señor Cajoto non faga máis caso. Estamos contentos de que desta volta poida saír adiante este concurso, pero lamentamos que se perderan meses porque o alcalde non quixo escoitar á oposición, que neste caso tiña moitos máis datos e moito máis traballado ese concurso que o propio equipo de goberno”.

Leer más:  ¿Cuándo es el útimo día de clases en Lugo? El calendario que necesitas

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Pol solicita un informe técnico sobre a elaboración do inventario de camiños municipais
Artículo siguienteCondenan al Sergas a pagar 40.000 euros a la madre de un paciente al que se denegó ingreso psiquiátrico y falleció
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.