Inicio Destacado O Presidente recibe á atleta do Saviñao Nuria López, 33 veces campioa...

O Presidente recibe á atleta do Saviñao Nuria López, 33 veces campioa de España en cadeira de rodas

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes no Pazo de San Marcos á atleta do Saviñao Nuria López Fernández, 33 veces campioa de España en cadeira de rodas. Tomé Roca recoñeceu a traxectoria profesional desta deportista que atesoura medallas de ouro nas distancias de 200, 400 e 100 metros, batendo ademais o récord de España ata 8 veces nas diferentes modalidades.

José Tomé destacou que “o deporte é unha ferramenta moi poderosa para a integración e a inclusión das persoas con mobilidade reducida” e puxo en valor o exemplo da deportista do Saviñao, “que co seu esforzo e dedicación converteuse nunha gran campioa”. O mandatario provincial fíxolle entrega á campioa dunha figura gravada coa fachada do Pazo provincial para agradecerlle o seu labor de levar o nome da provincia por todo o territorio nacional.

Nuria López Fernández empezou a practicar atletismo no 2015, case por casualidade, e o seu afán de superación levouna a competir ao máis alto nivel. Agora ten a aspiración de participar nun Mundial.

Leer más:  Operativo policial en Lugo desmantela red de tráfico de cocaína y viagra

- Te recomendamos -
Artículo anteriorA Vicepresidencia da Deputación apoia a raíz gandeira e popular das San Lucas, que comezan o xoves en Mondoñedo
Artículo siguienteElena Candia anuncia que el PP pedirá que la sede de la Agencia Estatal de Salud Pública se sitúe en Lugo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.