Inicio lugo O PP de Samos insta ao alcalde a acometer sen máis demoras...

O PP de Samos insta ao alcalde a acometer sen máis demoras a reparación do intransitable acceso a Portela de Lóuzara

Samos, a 29 de setembro de 2022. Os gobernos municipais teñen a obriga de mellorar a calidade de vida dos veciños. Só iso os xustifica. Cando non é así, nin o alcalde nin os membros do goberno local cumpren as súas obrigas. En Samos, sexa por incompetencia sexa por mala fe política, o goberno presidido polo socialista Julio Gallego mantén en estado intransitable a estrada de acceso a Portela de Lóuzara. O portavoz popular, José Fernández Vázquez, faise eco das queixas dos veciños, lembra que xa presentou hai meses unha moción para pedir o arranxo da estrada e anuncia unha nova iniciativa para que o alcalde dea explicacións aos veciños de por que non adopta medidas para reparar o pavimento de dita vía.

A estrada que dende a vía provincial de Lóuzara ao Courel conduce a Portela ten o firme totalmente esnaquizado. Hai amplos tramos nos que o asfalto desapareceu hai tempo e unicamente quedan pedras soltas e grandes fochancas. Circular por esta estrada de montaña resulta difícil con vehículos tipos turismo e, por riba, hai zonas nas que é perigoso.

Os residentes en Portela quéixanse do rápido deterioro das rodas dos seus vehículos, debido aos cortes que sofren a causa dos tramos nos que só quedan pedras soltas e das grandes fochancas que ten a calzada.

O popular José Fernández considera incompresible e inexplicable que o alcalde non tome medidas para amañar o pavimento desta vía. Sinala: “Por falta de mantemento do pavimento, agora a reparación será moito máis cara, porque xa non chega con parcheos; hai que renovar tramos grandes de pavimento e o ideal sería pavimentar de novo toda a estrada. O que está claro é que isto non pode seguir así, porque é de xulgado de garda. Chega o inverno e a estrada está impracticable”. Fernández considera que “o estado desta vía e a mellor demostración da incapacidade de xestión do goberno municipal”.

Leer más:  La titularidad de la única casa de Barcela, con 300 hectáreas de monte vecinal, crea controversia en Negueira (Lugo)

- Te recomendamos -
Artículo anteriorFiscalía pedirá la confirmación de prisión permanente revisable a la mujer que mató a su hija en Muimenta (Lugo)
Artículo siguienteO Parlamento galego demanda ás deputacións de A Coruña e Lugo que renoven o convenio coa Xunta para dar continuidade aos GES
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.