Inicio lugo O PP acusa a Tomé de esconderse diante dos gravísimos problemas aos...

O PP acusa a Tomé de esconderse diante dos gravísimos problemas aos que se enfronta o sector pesqueiro, como antes fixo con Alcoa

Lugo, 27 de setembro de 2022. A decisión da Comisión Europea de expulsar dos caladoiros habituais aos barcos de pesca de fondo constitúe unha gravísima ameaza para o sector en Galicia e sinaladamente na provincia de Lugo. O PP defenderá no pleno que celebra a Deputación esta mañá unha moción en defensa do sector pesqueiro. O portavoz popular, Javier Castiñeira, expresa a súa alarma polo silencio mantido ata agora polo presidente provincial, o socialista José Tomé. Castiñeira di: “Non entendemos como o señor Tomé permanece escondido novamente e unha vez máis diante dos graves problemas do tecido económico lucense. Fai agora o mesmo que fixo con Alcoa, que non foi capaz de servir como enlace entre o sector industrial de Lugo e o Goberno; ao contrario xustificaba a nefasta estratexia enerxética que prexudica aos intereses de Alcoa e de todos os traballadores, e agora fai exactamente o mesmo co sector pesqueiro”.

Os populares sinalan: “Non sabemos onde está o señor Tomé, porque nin se puxo en contacto cos representantes dos portos lucenses nin fai ningunha xestión para que o Goberno, o Ministerio de Agricultura e Pesca, tome as medidas necesarias para atallar este agravio que se fai á frota lucense”. Castiñeira engade: “Temos un presidente da Deputación que o único que fai é xustificar as malas xestións do Goberno presidido por Pedro Sánchez, e, polo contrario, criticar á Xunta, que nestes casos, tanto na enerxía como na política pesqueira comunitaria, non ten os medios adecuados e ten que ser o Estado o que tome as medidas correspondentes”.

O portavoz popular adianta: “Neste pleno imos pedir ao señor Tomé que saia da súa cova e que defenda ao sector pesqueiro; queremos que traslade ao Goberno central a total preocupación dun sector tan importante como é o pesqueiro, que pode estar vendo o final da súa existencia, por decisións tomadas por medioambientalistas, sen dispoñer de estudos socioeconómicos e pensando única e exclusivamente en temas que nada teñen que ver coa realidade de A Mariña”.

Leer más:  Tres personas resultaron heridas tras un incendio en una pastelería en Riotorto (Lugo)

No PP queren “un presidente da Deputación que defenda ás nosas empresas, aos nosos barcos, aos nosos mariñeiros e que o faga con contundencia e non como pasou con Alcoa que, a día de hoxe, sigue cos mesmos problemas”.

Outra das mocións populares ten como obxectivo que a Deputación renove o convenio coa Xunta para os Grupos de Emerxencia Supramunicipais e aporte a cantidade necesaria para a súa modernización. A este respecto, Javier Castiñeira declara: “Pedimos que a Deputación siga co compromiso que ten a Xunta para a modernización dos GES. A Deputación ten conxelada a axuda aos concellos para estes grupos, o que levou a que algúns deles, algún con alcalde socialista como o de A Fonsagrada, ou un alcalde ex socialista como o de Becerreá, renunciaran aos GES, algo co que estamos en total desacordo”. Engade. “Estes grupos son moi necesarios especialmente nas emerxencias en concellos pequenos e resulta inaceptable que na zona de A Montaña os alcaldes renunciaran a eses grupos, porque vai en prexuízo dos veciños”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorDetenido por homicidio imprudente un hombre que condudía ebrio en Lugo y arrolló a un motorista, que murió
Artículo siguienteLa Federación Nacional de Cofradías anuncia movilizaciones por el veto a la pesca de fondo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.