Inicio lugo O PP denuncia que a reforma da Rúa Limoeiros impide aos veciños...

O PP denuncia que a reforma da Rúa Limoeiros impide aos veciños manobrar cos seus coches para entrar e saír dos garaxes

Foz, 26 de setembro de 2022. Unha e outra vez o alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, dá mostras inequívocas da súa incapacidade para planificar, para xestionar a solución aos problemas dos veciños. O caso da rúa Limoeiros é un máis na cadea de despropósitos de xestión. Así o sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, que explica: “O arranxo da rúa Limoeiros é unha auténtica dor de cabeza para os veciños que viven nesta vía. O PP solicitou o arranxo desta rúa, a petición dos veciños, e o equipo de goberno decidiu executar as obras con cargo ao Plan Único; cos cambios que fixeron, agora os veciños non poden entrar nos garaxes”.

Castiñeira sinala: “Fixeron as obras tarde e quedaron sen rematar, como denunciamos no seu momento: non se amañaron as beirarrúas e quedou a varanda fóra da norma, incluso perigosa. Pero o peor é que, segundo os veciños,  o goberno municipal decidiu que a rúa sexa dun só sentido de circulación e poñer aparcamentos en batería, o que leva a que a zona para a circulación de coches sexa moi estreita, o que, á súa vez, impide que se poida manobrar para entrar e saír dos garaxes”. Así as cousas, “a día de hoxe, se hai coches aparcados diante, non poden saír nin entrar dos garaxes”.

Os populares din que esta “é unha obra que non se dá rematado; a pesar de que é moi sinxela leva en obras todo o verán”. A maneira de executar os traballos, di Castiñeira, “denota falta de planificación das obras polo alcalde, que improvisa, fai o que lle apetece cando quere e así pasan estas cousas; gástanse os cartos e despois haberá que modificalas porque non podemos deixar aos veciños sen acceso aos garaxes”. Os populares anuncian a presentación dunha iniciativa no pleno da corporación municipal “para intentar que o arranxo dos problemas nas obras en Limoeiros sexa inmediato”.

Leer más:  Cómo detectar si tienes croquetas congeladas con trozos de plástico en tu nevera de Lugo

- Te recomendamos -
Artículo anteriorImputan un delito contra la seguridad viaria al conductor de un vehículo que conducía ebrio en Lugo
Artículo siguienteLos médicos de familia auguran que serán necesarias “más vacunas” a la población que la cuarta dosis
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.