Inicio lugo O PPdeG demanda ao Goberno central que especifique as partidas orzamentarias concretas...

O PPdeG demanda ao Goberno central que especifique as partidas orzamentarias concretas para rematar a A-54 canto antes

Lugo, 18 de setembro de 2022. O PPdeG demanda ao Goberno de España un impulso decidido nos avances administrativos necesarios e na dotación das partidas orzamentarias concretas para rematar as obras dos dous tramos pendentes da A-54 no menor tempo posible.

A través dunha moción que presentará nos concellos afectados polo atraso desta infraestrutura viaria —Santiago, O Pino, Arzúa, Melide, Santiso, Palas de Rei, Monterroso, Guntín e Lugo—, os populares sinalan que o ritmo ao que se están a executar as obras é “inaceptable”, sendo unha autovía “básica para conectar o centro e o interior de Galicia e para que a cidade de Lugo teña conexión directa por autoestrada con Santiago”.

Cómpre lembrar que a súa construción iniciouse hai máis de dúas décadas e, a día de hoxe, dos poucos máis dos 100 quilómetros de lonxitude, aínda están en execución algo máis de 28 quilómetros. Trátase dos tramos intermedios de Palas de Rei a Melide e de Melide a Arzúa.

“As infraestruturas viarias dependentes do Goberno de España en Galicia están a sufrir importantes atrasos, xa sexa pola lentitude coa que se están a executar as obras ou porque directamente están paralizadas”, resaltan os populares lamentando que o Goberno de Pedro Sánchez supedite o investimento en infraestruturas e servizos de comunicación unicamente á súa rendibilidade económica.

“É obvio que o orzamento do Estado é insuficiente para atender as necesidades de Galicia nesta materia e as contas para o presente exercicio así o acreditan, con partidas mínimas e sen previsións para as seguintes anualidades”, subliñan.

EXPLICACIÓNS NO SENADO

Pola súa parte, os representantes do PPdeG no Senado critican que o Goberno central desatendese no seu día a petición da Xunta de Galicia de finalizar a A-54 para o Xacobeo 21-22, a pesar de que a vía supón unha alternativa á estrada nacional pola que discorre o Camiño Francés e, por tanto, resulta clave para sacar o tráfico da Ruta Xacobea.

Leer más:  La Fiscalía pide la absolución de un joven de Vilalba (Lugo) que enfrenta cargos por agredir sexualmente a su ex pareja, quien era menor de edad

Máis polo miúdo, tamén destacan que o viaduto do Pambre, en Palas de Rei, comezou a construírse en agosto do ano 2020 e, dous anos despois, segue sen concluírse, “encadeando fases de execución con fases de paralización”, como ocorreu este verán. Segundo manifestan, este viaduto, que será o máis longo da provincia de Lugo, “é fundamental para a autovía A-54 e estes atrasos demostran a falta de compromiso do Goberno de España”.

Por todo isto, os senadores diríxense ao Executivo central para que aclare por escrito se pode asegurar que as obras da A-54 non van sufrir unha nova demora, para que concrete o estado e o ritmo ao que están a desenvolverse, para que informe sobre as previsións da súa finalización e para que especifique o motivo polo que a execución do viaduto do Pambre estivo paralizada este verán.

Artículo anteriorEl tiempo para hoy en Lugo, 18 de septiembre de 2022
Artículo siguienteEl tiempo para hoy en Lugo, 19 de septiembre de 2022
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.