Inicio lugo O PP acusa a Cajoto de desaproveitar “o que debeu ser o...

O PP acusa a Cajoto de desaproveitar “o que debeu ser o verán da recuperación para Foz, e foi o da mala imaxe e o caos; o das obras inacabables e a improvisación”

Foz, 29 de agosto de 2022. O socialista Francisco Cajoto non acaba de superar a fase de prácticas á fronte do Concello e un verán máis Foz deu unha mala imaxe a causa da deficiente xestión do goberno local que preside. O portavoz popular, Javier Castiñeira, lamenta ter que facer un balance negativo, pero di que o equipo de goberno non estivo á altura das circunstancias nestes meses nos que o pobo rexistrou unha gran cantidade de visitantes.

O portavoz popular sinala: “Dentro da acción política do PP, no marco da labor de oposición do Partido Popular de Foz, a nosa intención é seguir sumando a prol do concello de Foz. Por iso, lamentamos ter que facer unha valoración, deste verán e da labor do equipo de goberno, francamente negativa, porque non houbo máis que improvisación, parálise e obras de pequena envergadura, pero interminables, que  crearon o caos circulatorio no núcleo urbano”.

Castiñeira declara: “Houbo unha enorme falta de servizos, porque o goberno local non quixo facer o que lle dixo o PP no seu momento, que era deseñar e executar un plan de emprego, para levar adiante todos as obrigas municipais para tanta xente como houbo en Foz”. Engade: “A presencia de moita xente xogou en contra deste equipo de goberno, porque non foi capaz de dar os servizos adecuados. Non hai máis que ver a falta de limpeza que houbo no pobo, cos contedores desbordados e sen persoal para limpar; houbo falta de persoal en moitos servizos como en socorrismo, nas obras e na recollida de lixo ou a xardineiría”.

Os populares aseguran que este verán “non houbo planificación ningunha por parte do Concello; foi unha improvisación absoluta do señor Cajoto, que non atendeu ás propostas que lle fixo o PP antes do verán”. Este verán, di Castiñeira, “debía ser o da recuperación e foi o da mala imaxe, do caos e da parálise”.

Leer más:  Ángel Pérez, nuevo alcalde de Guntín

Castiñeira asegura que na zona rural  “hai innumerables queixas con respecto ao equipo de goberno, entre outras cousas, por falta de levar a cabo rozas e pola falta de implicación no que é a vida das parroquias”.

Castiñeira aclara que o balance que fai é o do PP, pero responde “ao que escoitamos á xente, tanto aos visitantes como aos veciños de Foz, e, en especial, a todos aqueles que organizaron eventos e sufriron a falta de planificación por parte do equipo de goberno”. Está convencido de que “o que salvou os mobles foi o compromiso e a profesionalidade do persoal municipal, que se esforzou máis que nunca para manter a mellor imaxe posible do Concello de Foz; tamén ás asociacións e comisións de festas, que volveron á normalidade polo seu esforzo e non polos méritos do equipo de goberno, que sigue a ser un goberno en período de probas”. O portavoz popular sinala: “Queda un ano de mandato e lamentamos que o goberno local non usara as melloras que houbo tanto nos orzamentos como no financiamento de moitas actividades, de maneira que repercutira nun bo funcionamento do grupo de goberno”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Monforte esixe explicacións a Tomé por ter inoperativo o campo de fútbol de A Pinguela
Artículo siguienteO Concello lamenta que o PP critique o Impulso Verde, un modelo construtivo polo que a Xunta aposta agora tras ver o exemplo lucense
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.