Inicio lugo Lugo, único concello galego galardoado co Premio Boas Prácticas Locais polo Clima...

Lugo, único concello galego galardoado co Premio Boas Prácticas Locais polo Clima polo seu barrio multiecolóxico

A iniciativa, impulsado pola Alcaldesa, Lara Méndez, enmárcase na estratexia LIFE Lugo+Biodinámico que traballa no deseño da cidade como modelo de resiliencia urbana.

A FEMP recoñece por segundo ano consecutivo a labor do Concello no tocante á acción polo clima, e neste caso destaca a súa contribución á adaptación ao cambio climático.

O proxecto de planificación dun barrio multiecolóxico na zona da Garaballa, impulsado polo executivo de Lara Méndez no marco da estratexia LIFE Lugo+Biodinámico como modelo de resiliencia urbana, foi galardonado co segundo premio na IX edición do Certame de Boas Prácticas Locais polo Clima, organizado pola Rede Española de Cidades polo Clima, integrada na FEMP.

Lugo foi o único municipio galego galardoado neste certame, concretamente na categoría “Adaptación ao cambio climático”. “Trátase da segunda ocasión consecutiva na que a Federación Española de Municipios e Provincias recoñece o labor que estamos a levar a cabo no tocante á acción polo clima, especialmente, a través do LIFE, pois xa recibimos o pasado ano o premio de Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade pola recuperación do humidal das Gándaras”, segundo destaca o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández.

A actuación posta en marcha polo executivo de Lara Méndez neste bosque de ribeira, un dos grandes patrimonios naturais de Lugo, obtivo o segundo premio na categoría de Medio Hídrico na segunda edición destes premios, outorgados pola Rede de Gobernos Locais+Biodiversidade.

O novo galardón acadado polo Concello será entregado durante un acto que terá lugar no marco da Asemblea Xeral da Rede Española de Cidades polo Clima que se celebrará en Málaga, o 23 de setembro. A primeira edición do Premio de Boas Prácticas Locais polo Clima celebrouse no ano 2006; desde entón e con carácter bianual convocáronse as sucesivas edicións.

Leer más:  Protestas en Mallorca tras la tala de 200 pinos históricos por construcción del Four Seasons en Pollensa

Outros premios e recoñecementos

Este recoñecemento súmase a outros acadados polo Concello no marco do proxecto LIFE, especialmente grazas á posta en marcha do Impulso Verde, o primeiro edificio público da comunidade construído con madeira galega. Este inmoble foi elixido como o Mellor Proxecto do 2021 dos seleccionados no concurso internacional que lanzou a firma CUPA, líder mundial no sector da lousa natural, no que competía con catro proxectos de Reino Unido, Francia e Dinamarca.

Ademais, foi obxecto de relatorio no Cume do Cambio Climático de Madrid (COP 25), o XV Congreso Nacional CONAMA, a terceira edición do Foro das Cidades, etc.; e finalista de certames como os Premios Rebuild 2021.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorOs senadores lucenses do PP solicitan unha vez máis ao Goberno central o restablecemento da oferta ferroviaria suprimida pola pandemia
Artículo siguienteO PP apoia aos veciños na súa demanda á Deputación para que amplíe o ancho da estrada LU-P 2901 en O Burgo, en dirección a Palas de Rei
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.