Inicio lugo Castiñeira: “Tomé ten que dar explicacións aos veciños de A Pobra de...

Castiñeira: “Tomé ten que dar explicacións aos veciños de A Pobra de Brollón polos continuos atrasos das obras da residencia, dende que en 2018 se firmou o convenio”

Lugo, 14 de outubro de 2022. A xestión que desenvolve o goberno provincial en relación coa súa rede de residencias da terceira idade ten moitos déficits, como vén poñendo de manifesto o grupo popular. Hoxe, segundo destaca o portavoz do PP, na Deputación, Javier Castiñeira, “recibimos unha mala noticia para a Pobra de Brollón: na reunión celebrada esta mañá pola xunta de goberno da Deputación aprobaron un acordo para rescindir o contrato coa empresa que debía construír a nova residencia da terceira idade de Pobra de Brollón”. Castiñeira visitou hoxe os terreos no que se prevé levantar a residencia, xunto co portavoz municipal do PP, Fernando Parada, e o presidente da xestora do partido, Teddy López Pedredo.

Castiñeira lembra que no pleno máis recente da corporación provincial os populares mostraron a súa crítica aos retrasos que sofren algunhas residencias da rede da Deputación. Engade: “Dixemos que a xestión de moitas das residencias non estaba sendo correcta, e unha delas é esta de A Pobra, que xa levaba dúas licitacións e agora rescíndese de novo o contrato coa construtora. No PP non sabemos cal é o motivo, pero levamos anos dicindo que con esta crise económica, esta inflación e estes prezos da construción había que intentar facer algo para evitar problemas desta índole; nada se fixo e así se acumulan agora os retrasos e os prexudicados son os veciños”.

Os populares lamentan que no goberno da Deputación non fixeran caso dos seus avisos. Castiñeira di: “E agora vemos un retraso máis. Os veciños de a Pobra de Brollón están sendo enganados. No ano 2018 firmouse o convenio e catro anos despois vólvese a confirmar un novo retraso. Hai un cartel de obras e houbo unha presentación das obras por parte da Deputación. O cartel xa queda invalidado e o que queremos é que o goberno dea explicacións aos veciños por tanto engano, por tanto retraso; aos veciños de A Pobra de Brollón e a todos os da provincia, porque en moitos casos as obras das residencias retrásanse co que se prexudica a imaxe da Deputación e os intereses dos veciños”.

Leer más:  Rueda agradece el resultado "fantástico" del PP en Lugo, y resalta la importancia de cumplir con el programa presentado

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO PP de Lugo cre que Tomé “debe esixir responsabilidades” trala condena ao alcalde socialista de Pol por lesións
Artículo siguienteOs populares de Láncara volven pedir ao goberno local que “tome en serio” a petición dos gandeiros para habilitar un punto de recollida de plásticos agrícolas próximo ás parroquias da montaña
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.