O PP di que Tomé “ou vive nunha realidade paralela” ou trata de enganar aos lucenses porque é consciente de que os orzamentos do Estado son claramente lesivos para a provincia

Lugo, 11 de outubro de 2022.  Ou o presidente da Deputación de Lugo e secretario provincial do PSdeG, José Tomé, vive nunha realidade paralela ou pretende enganar aos lucenses no que se refire ao proxecto de orzamentos do Estado para o 2023. Así o entenden na dirección provincial do PP, ao coñecer as declaracións efectuadas por Tomé na tarde de hoxe. Son orzamentos, din no PP, que esquecen as grandes infraestruturas que necesita a provincia, tanto de ferrocarril como en canto a autovías, e que non dan resposta ás necesidades da industria lucense.

Os populares din que, en materia de ferrocarril, Lugo queda fóra, non  xa da alta velocidade (AVE), senón de velocidade alta, porque as obras que se levan a cabo no tramo Lugo-Ourense non inclúen as tres variantes precisas para alcanzar a velocidade necesaria; estas variantes quedaron previstas polo goberno que presidiu Mariano Rajoy. Polo tanto, destacan os populares, Lugo queda fóra da velocidade alta na súa conexión con Ourense, e, polo tanto, coa liña de AVE.

A planificación que se recolle no proxecto de orzamento demostra que se incumpren todos os prazos dados ata o momento para a terminación da autovía Lugo-Santiago, que, como mínimo, non se poderá utilizar na súa totalidade ata o 2025. En canto a autovía Lugo-Ourense, desaparece das previsións. Neste caso, segundo os populares, o Goberno de Pedro Sánchez “sacouse a careta” e esta autovía xa non figura nos orzamentos; tampouco se toma en consideración o intercambiador previsto por Mariano Rajoy en Montecalvo. En canto a autovía de A Mariña, a A-74, unicamente hai, segundo indican na dirección provincial do PP, unha “expresión de vontade, é dicir, nada de nada”.

Os populares cren que os socialistas lucenses xogan á desesperada á vista duns orzamentos que son claramente lesivos para a provincia. “Sábeno e tratan de gañar tempo intentando enganar aos lucense”. Sinalan na dirección popular: “Animamos aos socialistas lucenses, sinaladamente a Tomé, a reclamar de Pedro Sánchez que inclúa partidas para Lugo das que poidan sentirse orgullosos e non se vexan na necesidade de falar como se viviran nunha realidade paralela, como están a facer”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Lugo en alerta por una partida de pollo con salmonella que podrías tener en casa

Alerta en Lugo: Detectan Salmonella en pollo proveniente de España y ordenan su retiro urgente…

8 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 2 de mayo de 2024

En la mañana de hoy en Lugo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia.…

13 horas hace

Besteiro (PSdeG) insta a la Xunta a incrementar su esfuerzo para no desaprovechar oportunidades en empleo e industria

LUGO, 1 (EUROPA PRESS) El secretario xeral del PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, ha reclamado…

1 día hace

El tiempo para hoy en Lugo, 1 de mayo de 2024

Durante la mañana en Lugo estará muy nublado con tormentas acompañadas de lluvia. Por la…

2 días hace

La causa que involucraba a Mañueco como investigado por una entrada para ver al Real Madrid ha sido archivada en Lugo

El juez concluye que no hay indicios de delito en la pieza separada derivada de…

2 días hace

La Premier League sigue el ejemplo de LaLiga y pone en marcha su control económico tras años de un modelo a pérdidas

La Premier League ha votado a favor de establecer reglas de control económico que toparán…

2 días hace

Esta web usa cookies.