O PP de Foz insta a Cajoto a renunciar aos aparcadoiros en batería en Limoeiros e a que os estableza en liña

Foz, 6 de outubro de 2022. En política, é frecuente que as ocorrencias dos gobernantes teñan como consecuencia problemas e dificultades para os veciños. Iso é o que ocorre en Foz na Rúa Limoeiros, en cuxa ordenación vial equivocouse totalmente o goberno local, presidido polo socialista Fran Cajoto.

A concelleira popular Verónica Soto sinala: “Dende o grupo municipal do PP dicímoslle ao señor alcalde, igual que llo transmitimos no pleno, que a tozudez non vai a ningún lado: se se fai mal unha cousa, hai que corrixila. Non se pode seguir un día máis facéndolle dano aos veciños da Rúa Limoeiros”.

Soto explica: “É inviable establecer aparcadoiros en batería porque se impide acceder e sair dos garaxes; hai que cambialo. E o máis grave é que ao pintar prazas en batería en beirarrúas que son moi estreitas, gran parte do ancho da beirarrúa queda ocupado polos maleteiros ou polos morros dos coches, co cal non queda sitio para o paso de cadeiras de rodas ou de coches de bebés”.

A mesma concelleira popular indica que “a solución que nos ofreceu o alcalde no pleno, á vista das nosas queixas, aínda empeora a situación”. Engade: “Cajoto di que vai rebaixar o bordillo das beirarrúas para que os coches ao entrar e saír dos garaxes poidan rebasalas sen maior problema; isto aumentaría a perigosidade deste tramo. Tamén hai que dicir que os camións teñen que pasar por riba da beirarrúa debido ao estreito que quedou ese vial”. Soto está “segura de que non plan de mobilidade non existen rúas destas características nin se propón este modelo de aparcadoiro para rúas como Limoeiros, porque vai en contra da seguridade e da comodidade dos veciño, aos que se están creando moitos problemas”. Sinala: “Esperemos que canto antes cambie e pinte aparcadoiro en liña; a menos de 30 metros hai un aparcadoiro público, con prazas suficientes”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Un motorista de 47 años fallece al chocar con un automóvil en Quiroga (Lugo)

LUGO, 7 (EUROPA PRESS) Un motorista de 47 años ha fallecido esta tarde de martes…

4 horas hace

Un motorista fallece al chocar con un automóvil en Quiroga (Lugo)

LUGO, 7 (EUROPA PRESS) Un motorista ha fallecido esta tarde de martes al colisionar contra…

5 horas hace

ALERTA FLiRT, una nueva y muy contagiosa variable del Covid podría llegar a Lugo

¡FLiRT, la nueva variante de COVID-19, que está arrasando en Estados Unidos y que puede…

8 horas hace

En Madrid, Marlons y VICIO encabezan la fiebre del ‘Smash Burgers’, consolidando la ciudad como su epicentro

Madrid se ha convertido en el epicentro de la creciente tendencia de las smash burgers,…

9 horas hace

Gonzalo Mairata Corominas se une a Sagardoy Abogados como socio

Sagardoy Abogados anunció este lunes la incorporación como socio de Gonzalo Mairata Corominas (Madrid, 1978),…

9 horas hace

Se ha cortado un carril de la A-6 en dirección a Lugo debido al vuelco de un camión en Carballedo

LUGO, 7 (EUROPA PRESS) El vuelco de un camión en la A-6 en el kilómetro…

15 horas hace

Esta web usa cookies.