Cubillas anuncia a súa intención de non optar á presidencia do PP de Láncara e abre o proceso de renovación de cara ás próximas municipais

Láncara, 6 de outubro de 2022. O actual presidente do PP de Láncara, Santiago Cubillas, anunciou formalmente a súa intención de non optar á revalidar a presidencia durante unha reunión con afiliados da formación local á que asistiu o coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, José Manuel Balseiro. Ábrese agora un proceso de renovación da agrupación local co nomeamento nos próximos días dunha xestora que será a encargada de pilotar o partido ata o próximo congreso local e tamén de consensuar e nomear á persoa que encabezará a lista nas vindeiras eleccións municipais.

O popular explica que se trata dunha decisión “meditada” porque “desde que entrei á política activa tiña claro que sería por un período de tempo limitado e, cando remate este mandato, serán oito anos de compromiso e dedicación”. Así mesmo, asegura que “o Partido Popular de Láncara conta cunha ampla canteira” e, polo tanto, cre que “é o momento de ceder o testigo”.

Cubillas explica que seguirá vinculado ao PP: “seguirei traballando para que o Partido Popular obteña os mellores resultados no noso concello. Tanto os compañeiros do PP local coma provincial saben que poden contar comigo para o que sexa preciso”.

Traballo do Grupo Municipal

Continuará á fronte do Grupo Municipal “atendendo ás responsabilidades que me confiaron os nosos votantes e aos que estamos a representar todos os concelleiros do PP en Láncara”. Nese sentido, dende a dirección provincial poñen en valor o seu traballo “defendendo os intereses do municipio e dos seus veciños facendo unha oposición construtiva, aportando ideas e propostas e tamén fiscalizando o labor do goberno local”.

O portavoz popular destaca que, durante este tempo, “saíron adiante importantes proxectos gracias ao noso traballo. É o caso da mellora da estrada de Láncara on a ampliación da Ponte de Valdriz”, segundo cita.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

1 hora hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

2 horas hace

Ingenium S.a. adquirida por Comelit para expandir en automatización

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

2 horas hace

Reconocimiento global para cinco hoteles de lujo en España

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

3 horas hace

Precaución en Galicia: viernes de viento y lluvia

Avisos amarillos en Galicia por intensas lluvias y vientos Este viernes, se activarán avisos amarillos…

8 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 3 de mayo de 2024

Para el día de hoy en Lugo el cielo estará cubierto con lluvia. Con respecto…

12 horas hace

Esta web usa cookies.