O PP da Pastoriza lamenta que o rebacheo de pistas municipais consista en “tapar un e deixar catro”

A Pastoriza, 29 de setembro de 2022. O PP da Pastoriza lamenta que “a pésima xestión” do goberno local en relación aos labores de rebacheo nalgunhas pistas municipais” e pregúntase se a área de vías, da que é responsable a concelleira nacionalista Elva Carrera, “está a facer un rebacheo ou está a tirar o diñeiro” porque “por un bache que queda tapado, quedan catro sen tapar”.

Así o manifestan tras comprobar os traballos que se están a realizar en lugares coma Pousada, Fonmiñá, Crecente ou A Rigueira. Os populares puideron comprobar in situ que “se está a aplicar aglomerado en frío” de forma que “cando chove non queda ben”. De feito, “estase levantando”.

É por iso polo que defenden que “os traballos de arranxo das pistas deben realizarse de forma planificada e, polo tanto, xestionando todo para poder levalos a cabo durante os meses que fai bo tempo”.

Rebacheo nunha pista da parroquia de Pousada (A Pastoriza).

Os populares da Pastoriza lamentan que “se invista o diñeiro en facer chapuzas” porque “esta actuación non vai ser efectiva para as pistas. É facer por facer coa vista posta nas vindeiras eleccións e non en solucionar os problemas dos veciños e veciñas que usan a diario estas vías de comunicación”.

Botar gravilla nunha pista aglomerada

O PP local xa denunciara recentemente o que consideran “outra chapuza: arranxar con gravilla e un pouco rego asfáltico a estrada municipal que comunica Corvelle con Muimenta por Canaredos que estaba aglomerada”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

España ve incremento en inversión extranjera a través de Laliga

El valor medio de un club que disputa LALIGA EA SPORTS asciende, según datos del…

6 horas hace

El rol de las empresas tecnológicas chinas en la recolección de datos globales bajo escrutinio

Según una investigación, China podría estar utilizando empresas tecnológicas para recolectar datos de usuarios en…

6 horas hace

La preferencia de los pacientes posiciona a la Fundación Jiménez Díaz como líder en alta complejidad en Madrid

El compromiso, dedicación y humanidad de los profesionales de la Fundación Jiménez Díaz y su…

7 horas hace

Conductor en Lugo es detenido por quintuplicar el límite de alcoholemia

Este pasado fin de semana, la Policía Local de Lugo ha intervenido a un conductor…

9 horas hace

¡Descubrimiento impactante junto al río! Encuentran cuerpo sin vida de hombre desaparecido en Sarria, Lugo

En un suceso estremecedor, las autoridades pertinentes han localizado el cuerpo sin vida de un…

12 horas hace

Encuentran junto al río el cuerpo sin vida de un septuagenario que desapareció el sábado en Sarria (Lugo)

LUGO, 6 (EUROPA PRESS) El cuerpo sin vida de un hombre de algo más de…

12 horas hace

Esta web usa cookies.