O PP de Sarria interpreta o resultado do congreso como a necesidade de traballar xuntos e unidos

Lugo, 24 de setembro de 2022.O Partido Popular avanza na provincia de Lugo na celebración dos seus congresos locais. Hoxe tocoulle a quenda a Sarria. Esta mañá foi elixido presidente dos populares sarriaos Fernando Carlos Rodríguez, nun congreso ao que asistiron diversos representantes da directiva provincial, como a presidenta Elena Candia, o coordinador xeral José Manuel Balseiro Orol, ou o secretarios xeral e de orgnización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado, respectivamente.

Ao proceso concorreron finalmente dúas listas -a de Fernando Carlos Rodríguez e Luis Pardo-, logo de que José Manuel Bello retirase a súa nas últimas horas. A votación contou con 240 afiliados, dos que 121 apoiaron a primeiro e, 116, ao segundo. Trátase, por tanto, dun resultado moi axustado que, en palabras da dirección provincial, indica que a militancia deste municipio “interpreta como a necesidade de traballar xuntos e unidos”.

Vontade integradora do novo presidente

Precisamente, e coincidindo coa mensaxe da máxima dirixente dos populares na provincia, o novo responsable local manifestou a súa vontade integradora, pois o proxecto do PP, “baseado na unidade, é o único capaz de conformar un goberno local estable e eficaz na xestión, e con capacidade para resolver os problemas que ten o concello de Sarria”.

Así, a presidenta Elena Candia puxo en valor que “somos un partido grande e absolutamente imprescindible para Sarria. É a nosa obriga empezar a construír un proxecto integrador para ser a alternativa en maio de 2023, tanto aquí como na Deputación”.

A dirección popular resaltou así a vontade de sumar que caracteriza ao PP, sempre a favor de dar o mellor de si como organización para mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Os populares están convencidos de que o proceso congresual, no que hoxe foi elixida a lista encabezada por Fernando Carlos Rodríguez, continuará cun proceso integrador, de maneira que a maior parte das sensibilidades teñan espazo dentro da dirección local do partido. Superado o congreso, é o momento, da unidade, sinalaron, de conseguir para Sarria un goberno municipal popular, estable, con proxecto claro para o municipio e con capacidade de xestión.

Ampla participación

O proceso contou cunha gran participación; feito que amosa, sinala Candia, “a vitalidade do Partido no municipio”.

Os dous candidatos tiveron ocasión de expoñer o seu proxecto para o PP de Sarria antes da votación. Unha vez coñecido o resultado, o novo presidente dirixiuse aos asistentes ao congreso para dar as gracias e expresar a súa vontade integradora. Dende a directiva provincial dos populares púxose de relevo a importancia dos procesos democráticos internos e tamén a vontade participativa demostrada polos afiliados sarriaos.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

La Plataforma Ulloa Viva acusa a la Xunta y al Estado de ser indignante

Vecinos elaboran en Monterroso (Lugo) pancartas y lemas para la manifestación del día 26 en…

5 horas hace

Dos individuos residentes en Lugo fueron detenidos por estafar a un mínimo de 18 personas en la realización de contratos de seguros para vehículos de motor

Las víctimas residen en las provincias de Pontevedra, A Coruña y Lugo, y en Lanzarote…

10 horas hace

El tiempo para hoy en Lugo, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Lugo habrá cielos cubiertos con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

19 horas hace

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

1 día hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

1 día hace

El Ayuntamiento de Rábade está planificando un reubicación permanente para los 13 miembros de la familia cuya casa fue destruida por un incendio

Los afectados por el incendio que devastó el jueves dos edificios en el municipio lucense,…

1 día hace

Esta web usa cookies.