O PP de Viveiro logra que o pleno aprobe a súa moción para deseñar un plan integral de saneamento, a executar en varias anualidades, e dotar de sumidoiros a As Aceas

Viveiro, 7 de setembro de 2022. O goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, carece de ideas, empuxe e capacidade para xestionar as infraestruturas que necesita o municipio. É algo que está sobradamente demostrado e que de novo quedou de manifesto na sesión plenaria celebrada pola corporación municipal o martes. O pleno aprobou, sen o apoio do grupo de goberno, as propostas do PP para completar o saneamento de As Aceas e deseñar un plan para o saneamento integral de Viveiro. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala que “unha vez máis, a alcaldesa demostrou un preocupante descoñecemento do municipio e das súas necesidades en materia de infraestruturas”.

Os populares non saían do seu asombro cando a alcaldesa explicou que dispón de só 34.000 euros para o saneamento de As Aceas, é dicir, para prolongar a rede de colectores e conectar a ela cada unha das casas. Rodríguez di que é preciso crear a nova canalización, prolongala ata conectar coa actual, que está a uns 50 metros, e instalar unha estación de bombeo. Rodríguez asegura: ”Hai que ter moi pouca idea do que costan as cousas, para pensar que con 34.000 euros se pode facer unha obra así, porque, ademais, contando impostos quedarán en pouco máis de 24.000; é inexplicable”. Engade: “O que queda claro é que a alcaldesa descoñece o municipio e as necesidades de infraestruturas, neste caso das hidráulicas”.

No PP destacan que todos os grupos representados na corporación, menos o PSOE, apoiaron a súa moción, a única que se debateu no pleno. “Defendemos a necesidade de deseñar un plan de saneamento integral de Viveiro e executalo en varias anualidades. Pero a María Loureiro parece que non lle preocupa acabar cos vertidos de augas residuais; moito falan os socialistas de medio ambiente, pero á hora da verdade, non fan nada”. Os populares instan á alcaldesa e ao seu goberno a cumprir o acordo plenario para o saneamento de As Aceas e deseñar un plan integral. “Queremos pensar que esta vai ser a primeira vez que o goberno local executa acordos plenarios adoptados a instancias do PP; ata agora non ocorreu tal cousa. Esperemos que esta sexa a primeira vez”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Lugo habrá cielos cubiertos con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

12 horas hace

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

1 día hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

1 día hace

El Ayuntamiento de Rábade está planificando un reubicación permanente para los 13 miembros de la familia cuya casa fue destruida por un incendio

Los afectados por el incendio que devastó el jueves dos edificios en el municipio lucense,…

1 día hace

Ingenium S.a. adquirida por Comelit para expandir en automatización

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

1 día hace

Esta web usa cookies.