Elena Candia: “tras 25 anos de bipartidismo, Lugo necesita un cambio”

Mércores 31 de setembro de 2022.- A candidata á alcaldía de Lugo Elena Candia mantivo esta tarde unha xuntanza con afiliados e colaboradores do Partido para presentarlles a estratexia de traballo #ObxectivoLugo que desenvolverá durante os próximos meses.

Nese senso, a alcaldable popular explicou que “despois de case 25 anos de gobernos de PSOE e BNG Lugo necesita un cambio” engadindo que “estamos nun momento ilusionante e quero convidar a todos a formar parte deste proxecto”.

Elena Candia recalcou que “eu serei unha máis do equipo que alcance a maioría suficiente para gobernar o Concello de Lugo en maio de 2023” aclarando que “os éxitos do Partido Popular van ligados á movilización, a unidade e á coordinación do partido no municipio”.

A alcaldable popular tamén quixo agradecer as mostras de afecto e de apoio recibidas nos últimos días e anunciou que “intensificará a participación e o protagonismo dos afiliados e colaboradores co fin de consolidar e ampliar a estructura do partido”.

“Deseñamos unha folla de ruta moi intensa para implicar e dar unha participación real a todos os que queiran facer achegas, suxestións, críticas constructivas ou ideas innovadoras”.“Así entendo a política a calquera nivel: hai que escoitar para acertar” aclaraba Candia.

A candidata á alcaldía de Lugo do PP detallou que “ademáis de crear  espazos de debate na sede que servirán para perfilar as propostas do seu proxecto de cidade, haberá moito traballo a pé de rúa” concluindo que “no Partido Popular entendemos a política como un traballo en equipo, fuximos dos protagonismos e dos sectarismos doutras formacións política”. Este traballo de debate interno e visitas de barrio e parroquias se combinará cun calendario de xuntanzas sectoriais.

Elena Candia amosou o seu convencemento de que “entre todos seremos capaces de construír un marco que traslade ilusión e futuro, queremos que vexan no PP a opción de cambio para acabar con 25 anos de bipartidismo”.

A alcaldable remataba a súa presentación aos afiliados que se deron cita na sede do PP afirmando que “estou preparada e síntome moi orgullosa de poder representar aos lucenses nas vinderias eleccións” manifestando que “asume este reto apaixoante con responsabiliade, compromiso e humildade”.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 5 de mayo de 2024

Hoy por la mañana en Lugo el cielo estará cubierto con lluvia. Según pasen las…

21 horas hace

La Plataforma Ulloa Viva acusa a la Xunta y al Estado de ser indignante

Vecinos elaboran en Monterroso (Lugo) pancartas y lemas para la manifestación del día 26 en…

1 día hace

El tiempo para hoy en Lugo, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Lugo habrá cielos cubiertos con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

2 días hace

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

2 días hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

2 días hace

Esta web usa cookies.