Pol, 24 de agosto de 2022. Desde o PP de Pol denúnciase unha vez máis as malas actitudes e conductas por parte do alcalde aos propios veciños do municipio. Comportamentos que “son inadmisibles e están danando a imaxe do concello” aseguran os populares.
O pasado 1 de agosto unha parella nun bar preguntoulle cal era o o protocolo ante un can abandonado que había na praza en Mosteiro. A súa resposta foi dicir que non era a súa competencia e pasar absolutamente dun problema que cada vez é máis común no municipio.
Actitude reiterativa
Para o grupo municipal popular “é inadmisible que o alcalde volva a recurrir a accións indesexables para resolver problemas”. Os populares refírense ao altercado entre o alcalde e un aficionado do Portomarín nun partido de fútbol, onde houbo agresións violentas por parte do edil.
Desde o PP de Pol piden ao PSdG que tome medidas serias nas súas políticas, “empezando por condenar de novo a actitude do alcalde”, pois o concello de Pol está asumindo as consecuencias dos comportamentos intolerables do seu representante.
El total de suspensiones del alto tribunal gallego asciende a 33 este año LUGO, 29…
Cesur, referente en Formación Profesional en España, anunció este lunes la inauguración de Cesur Campus,…
El mercado de la moda online en España está liderado por Shein, seguido de cerca…
Prosegur ha obtenido un beneficio neto consolidado de 17 millones de euros durante los primeros…
La percepción de riesgo de los españoles por su vivienda vacacional ha aumentado cuatro puntos…
LUGO, 29 (EUROPA PRESS) Las XXXI Jornadas Técnicas y el XXV Encuentro Empresarial Expomar se…
Esta web usa cookies.