A plataforma de baño pública no Miño está deseñada para garantir a seguridade dos e das bañistas e mellorar a accesibilidade ao río

A Administración local argumenta nas alegacións que fará chegar á CHMS que todos os datos técnicos sobre protección ambiental e condicións do curso fluvial avalan a súa instalación.

O sistema modular inclúe a creación de catro piscinas de diferentes profundidades para uso infantil e adulto.

O Concello de Lugo apela á Xunta a reconsiderar a súa negativa ante a elevada demanda social que ten esta infraestrutura como demostra que se duplicara a afluencia nas piscinas de Frigsa esta fin de semana.

“A normativa recoñece aos e ás lucenses o seu dereito a bañarse no Miño pero o Concello quere que o faga de maneira segura e accesible por iso deseñou unha plataforma que llo permitiría, atendendo ao compromiso dado pola alcaldesa, Lara Méndez, de creala”.

Así o afirmaba hoxe o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, que incidiu na importancia de que Lugo poida dispoñer da zona de baño pública que lle foi autorizada en 2019 tras presentar todos os informes pertinentes que se lle foron reclamando dende 2017.

“Non hai máis que ver a elevadísima afluencia que esta pasada fin de semana houbo nas piscinas exteriores de Frigsa, logo de decretar a súa gratuidade ante a vaga de calor, para facilitar á veciñanza un espazo alternativo ao planificado á altura da Tolda, na NVI. E de novo botamos man da obxectividade das cifras que amosan que o número de persoas que acudiron a elas – 819 – duplica ás rexistradas en 2021 (410)”, asegurou o edil.

O portavoz municipal lembrou que a dotación, na que o Concello investiu 304.920 €, permitiría habilitar catro piscinas, todas elas con fondo e de gran flotabilidade, que terán distintas características, con profundidades útiles de 1’20 m., 0’80 m., e dúas de 0’40 m., cumprindo así coas expectativas en canto a público infantil, xa que cada unha delas estará delimitada para un rango de idade determinado. Polo que a Xunta de Galicia non pode pechar os ollos ao feito de que este é o mellor sistema para garantir a protección dos e das bañistas – incidiu Fernández – como así o recoñeceu co seu beneplácito, no seu día, a esta estrutura”.

O tenente de alcaldesa avanzou que a Administración local está ultimando as alegacións que presentará ante a Confederación Hidrográfica para tratar de que o Executivo autonómico reconduza a súa negativa á instalación na segunda das localizacións propostas. “Xa que o deseño da Plataforma permitiría instalala de inmediato a pesar da situación hídrica actual e tendo en conta que o Miño mantén o seu caudal nesta zona”.

“Os informes son clave para poder determinar con rigor, grazas aos datos técnicos nos que se sustentan, que esta segunda ubicación respecta as consideracións realizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural sobre a protección das especies protexidas que hai no Miño, tanto no que ten que ver coa diminución considerable de mexillóns nese emprazamento, como nos efectos que a estrutura tería sobre as colonias e que serían mínimos xa que se propón amarrala á beira e non ao leito fluvial, sendo este procedemento moito menos invasivo que o inicial. Tamén achega medicións dos caudais e da velocidade das correntes de auga, e da resposta que, nas condicións máis desfavorables posibles, terían as piscinas en caso de seca ou repentina riada e que avalan a súa colocación”, referiu Miguel Fernández.

Evidencias técnicas ás que o voceiro do Goberno local agarda que a Xunta, fronte a outros intereses partidistas, sexa receptiva tendo en conta o clamor social que existe no municipio para poder contar cun lugar público de baño que sexa seguro e axeitado ao tempo que, unha vez máis, insistiu no feito de que o organismo autonómico dispón xa de todos os informes que foi solicitando sucesivamente.

Redacción

Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.

Entradas recientes

El tiempo para hoy en Lugo, 4 de mayo de 2024

Para hoy en Lugo habrá cielos cubiertos con lluvia. En relación a las temperaturas, estas…

8 horas hace

Líderes en Riad debaten sobre una transición energética justa y sostenible

Riad fue el epicentro del diálogo mundial al albergar el Foro Económico Mundial (WEF), bajo…

21 horas hace

El 61% de los desempleados mayores de 55 años enfrenta desempleo de más de un año

En el primer trimestre de 2024, casi un 54% de la población activa de más…

22 horas hace

El Ayuntamiento de Rábade está planificando un reubicación permanente para los 13 miembros de la familia cuya casa fue destruida por un incendio

Los afectados por el incendio que devastó el jueves dos edificios en el municipio lucense,…

22 horas hace

Ingenium S.a. adquirida por Comelit para expandir en automatización

El grupo italiano Comelit ha firmado la adquisición del 98% del capital social de Ingenium…

22 horas hace

Reconocimiento global para cinco hoteles de lujo en España

'Condé Nast Traveler' ha publicado su 'Hot List' anual con los mejores hoteles del mundo…

23 horas hace

Esta web usa cookies.