Inicio lugo Balseiro: “PSOE e BNG levan 8 anos desatendéndose do polígono industrial do...

Balseiro: “PSOE e BNG levan 8 anos desatendéndose do polígono industrial do Valadouro”

Santiago, 14 de outubro de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe que socialistas e nacionalistas levan 8 anos “desatendéndose” da creación do Polígono industrial do Valadouro e tan só parecen lembrarse deste asunto “cando se aproximan unhas eleccións”.

O parlamentario popular reclama que o Goberno local e a Deputación de Lugo (ambos en mans de PSOE e BNG) expliquen por que “agora non lles vale” o convenio que asinaron para executar estas obras. Este acordo, que data de maio de 2015, para promover esta zona industrial, “aínda non se cumpriu, nin teñen vontade real de facelo”.

O parlamentario fixo esta afirmación no transcurso do debate que tivo lugar esta mañá na Comisión de Infraestruturas do Parlamento de Galicia onde o BNG pedía á Xunta que impulsase os trámites para a posta en marcha deste polígono “cando son eles mesmos as administracións nas que teñen responsabilidade de goberno, os que manteñen esta infraestrutura paralizada”

Balseiro lembra tamén que o paso “máis relevante” dado polas forzas do bipartito municipal foi a da colocación de estacas en vésperas das pasadas eleccións que, por certo, “foron retiradas á semana seguinte”. Este comportamento é “unha burla e unha tomadura de pelo á veciñanza”

Os avances máis significativos con gobernos populares

Pola contra, o deputado popular sostén que os avances máis significativos no que respecta ao polígono sempre tiveron como protagonistas gobernos populares, “tanto no Concello como na Xunta” e, de feito, o pasado mes de setembro a administración autonómica someteu a información pública a modificación do plan sectorial de áreas empresarias de Galicia para recoller o novo emprazamento do polígono, “decidido e imposto polo Concello como promotor da obra”.

Leer más:  El gobierno de Lugo defiende que los recursos del incendio en O Ceao fueron "suficientes", aunque "todo es mejorable"

En cambio, a actitude do actual goberno local sempre foi a de poñer “paos nas rodas: primeiro non lles valía a situación orixinal do polígono a pesar de que era máis grande e máis próxima a Ferreira que o emprazamento actual imposto polo Concello (recortouse de 118.375 a 83.622 metros cadrados). Despois, botaron por terra a proposta feita por un grupo de empresarios que estaban dispostos a sufragar a compra de terreos nun emprazamento alternativo. E, finalmente, tardaron 8 anos en solicitar a Xunta que modificase o plan sectorial de áreas empresariais, retrasando este trámite que so fixeron tras recibir as queixas do grupo municipal popular”.

Balseiro conclúe sinalando que O Valadouro leva anos aspirando “con frustración” a dispoñer dun polígono industrial que permita a dotación dunha oferta de solo atractiva e suficiente para localizar industrias e implantar novas actividades económicas, que favorezan o desenvolvemento da zona e o emprego e sinala, “que só será posible cando o PP recupere o goberno da vila, porque son os únicos que se comprometen con este proxecto”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl agredido por el alcalde de Pol celebra una sentencia “justa” y el PP insta al PSdeG a “tomar medidas” con el regidor
Artículo siguientePrevisión meteorológica para Lugo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.