Inicio Destacado A Deputación participa na presentación dun proxecto que mellora internet no rural...

A Deputación participa na presentación dun proxecto que mellora internet no rural | Deputación de Lugo

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes na presentación da tecnoloxía XGSPON 10GB que acolleu a adega Castrofiz, en Chantada. Un novo sistema que permite que internet vaia máis rápido e de mellor calidade nos núcleos rurais.

“Sempre é un pracer vir á Ribeira Sacra e máis cando é para presentar aquí, no noso rural, unha tecnoloxía coma esta que mellora a chegada da fibra”, indicou. “Na Deputación de Lugo sempre dicimos que para que haxa xente no rural, ten que ter os elementos básicos para que as persoas poidan desenvolver o seu proxecto de vida, como sanidade, educación, servizos sociais ou internet de calidade”. García Porto explicou que a provincia de Lugo “temos un rural vivo e cheo de iniciativas capaces de dinamizar a economía, xerar emprego e fixar poboación con empregos sostibles e de calidade”, pero fixo fincapé en que “necesitamos servizos”.

A Deputada subliñou que o sector do viño é fundamental na economía da Ribeira Sacra e do conxunto da provincia porque “crea riqueza, emprego e axuda a preservar a nosa identidade cultural. É un aliado potente, capaz de xerar sinerxías importantes coa hostalería e o turismo”. Por iso, engadiu, a Deputación de Lugo sitúa “a promoción dos viños da Ribeira Sacra como parte da nosa política de apoio ao sector primario, pero tamén o facemos porque o sector vinícola é unha ferramenta importante á hora de impulsar políticas transversais que favorezan o equilibrio territorial. Políticas que axuden a fixar poboación e que ofrezan á xente nova a posibilidade de desenvolver os seus proxectos profesionais no mundo rural, porque o rural con vides e adegas será sempre un rural vivo, moderno, conectado co mundo. Un mundo ao que hoxe nos conectamos máis que nunca desde internet”.

Leer más:  Un coche se incendia en Chantada dejando al conductor ileso

Importante esforzo do Goberno

García Porto lembrou que o Goberno do Estado está a facer un importante esforzo inversor nese sentido. No que respecta a Internet, dixo, ten mobilizados 23,7 millóns de euros para estender a banda ancha na provincia, e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital lanzou en verán unha nova convocatoria de axudas con 12,3M€ para financiar proxectos en zonas que non teñen cobertura de redes de banda ancha, nin previsión de recibilas nun prazo de 3 anos.

O proxecto

A tecnoloxía XGSPON 10GB supón unha inversión que permite a chegada de fibra óptica a fogares e oficinas a unha maior velocidade. Orange impulsa en España este novo formato de rede cunha velocidade de subida e baixada de datos simétrica e de maior capacidade. Trátase dunha rede que espera chegar ao millar de fogares durante o 2022 e pensada para unha conectividade maior a través dos distintos dispositivos como os teléfonos móbiles, as televisións ou os ordenadores, entre outros.


- Te recomendamos -
Artículo anterior140 veciños e veciñas de seis concellos viaxan esta semana co programa Coñece a túa provincia | Deputación de Lugo
Artículo siguienteA Vicepresidencia da Deputación apoia a raíz gandeira e popular das San Lucas, que comezan o xoves en Mondoñedo
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.