Inicio lugo Os senadores do PP de Lugo esixen ao Goberno de Sánchez incluír...

Os senadores do PP de Lugo esixen ao Goberno de Sánchez incluír nos Presupostos Xerais para 2023 partidas económicas suficientes para a A-54

Lugo, 6 de outubro de 2022. Os senadores populares da provincia de Lugo esixen ao PSOE e ao Goberno de Sánchez “un compromiso real con Lugo e coa A-54”. Así o trasladaron na Comisión de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana onde presentaron varias emendas dirixidas a establecer partidas orzamentarias suficientes e concretar unha data para o remate das obras da autovía entre Lugo e Santiago de Compostela.

Os populares conseguiron engadir dous puntos de acordo á moción presentada polos socialistas de forma que, por unha banda, o Senado insta ao Goberno a garantir nos Presupostos Xerais do Estado para o 2023 partidas económicas suficientes co fin de finalizar as obras da autovía A-54 na maior brevidade posible. Por outra banda, o acordo recolle tamén concluír, no menor tempo posible, a construción do viaduto do Pambre, clave para a finalización da autovía A-54. “É fundamental evitar fases de paralización da obra como as que veñen tendo lugar desde o 2020”, segundo sinala a senadora Rosa Arza.

Quedaron fóra do acordo outras dúas emendas do Grupo Popular que foron rexeitadas polos socialistas. Os populares lucenses demandaban ao Goberno proporcionar unha data de finalización da autovía A-54 e efectuar todos os traballos necesarios para cumprir dito compromiso. E tamén pedían incluír unha partida orzamentaria nos Presupostos Xerais do Estado para o 2023 co obxectivo de acometer a execución do intercambiador entre as autovías A-54 e A-56 e conexión coas estradas N-547 e N-540 en Guntín (Lugo).

“Os socialistas rexeitaron esixirlle ao Goberno unha data concreta para o remate da autovía e tamén se negaron a incluír no acordo unha partida suficiente para executar o intercambiador de Guntín. Neste caso argumentan que os Presupostos Xerais para o vindeiro ano xa están pechados; pero xa advertimos que non imos renunciar ao intercambiador”, explica Arza.

Leer más:  Este sábado la ciudad de Lugo se ve afectada por una mala calidad del aire debido a la contaminación de una fábrica

Atrasos por falta de investimento

A senadora popular lucense subliña “a importancia de consignar orzamento suficiente para rematar as obras desta autovía por ser fundamental para a vertebración de Lugo e de Galicia”.

De feito, os representantes lucenses en Madrid levan anos reclamando ao Goberno de Sánchez maior investimento porque “os atrasos na súa construción se deben á falta de partidas orzamentarias suficientes que garantan un verdadeiro avance nas obras”. Os senadores lembran, neste sentido, “os enganos do Goberno de Sánchez que prometía tela rematado neste mesmo 2022; pero, como todos podemos comprobar, non é certo”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCubillas anuncia a súa intención de non optar á presidencia do PP de Láncara e abre o proceso de renovación de cara ás próximas municipais
Artículo siguienteLa ministra para la Transición Ecológica apremia a la Xunta para que agilice la tramitación de eólicos para Alcoa
Foto del avatar
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos y vivimos por y para la información.